LimpezaUrbanismo

O PP constata a necesidade de implantar un plan de limpeza integral no barrio Feijoo debido total abandono do PSOE e do BNG

By 29 Febreiro, 2020Marzo 2nd, 2020Sin comentarios

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular visitaron esta zona da cidade despois de recibir numerosas queixas dos veciños do barrio nas que alertaban sobre a “alarmante falta de limpeza” das rúas, nas que se poden ver excrementos, maleza e todo tipo de lixo

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo esixe ao bigoberno un plan de limpeza específico para o barrio Feijoo debido ás numerosas queixas veciñais xa que a maleza e a suciedade tomaron esta zona da cidade.

Os concelleiros populares visitaron este senlleiro barrio lucense despois de recibir numerosas queixas dos veciños ante a falta de limpeza que se pode ver en calquer rúa do barrio, algo que constataron os edís populares. “É alarmante que o PSOE e o BNG permitan que en calquer rúa de Lugo se poidan ver excrementos, incluso humnaos, maleza, suciedade e urinarios públicos nas esquinas sen que se poña solución a isto”, sinalan.

Desde o Grupo Popular recordan que estas queixas non son algo recente, senón que hai anos que os veciños do barrio amosan o seu malestar porque o Concello de Lugo non intervén para eliminar a maleza do barrio, que chega a invadir vivendas e é un foco de infeccións, xa que as queixas pola proliferación de roedores son unha constante.

Os veciños do barrio tamén piden maior vixilancia por parte do Concello xa que hai propiedades particulares que se converteron en vertedoiros nos que se deixan todo tipo de desperdicios o que provoca “unha imaxe nefasta” nunha zona tan transitada como a Avenida da Coruña. Tamén reclaman os veciños a intervención municipal para arranxar a esquina da Avenida da Coruña coa rúa San Lourenzo, xa que é unha zona que “está en terra” e que moitos viandantes empregan como urinario o que xera malos olores e unha imaxe nefasta.

Os concelleiros do Grupo Municipal Popular tamén piden un arranxo da zona verde que hai na rúa Río Avia na que os bancos foron arrincados do seu emprazamento e a vexetación colonizou por completo unha zona adoquinada destinada a que os veciños do barrio tivesen un lugar no que poder sentarse a falar.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies