O Grupo Municipal do Partido Popular fai públicas as decenas de denuncias de lucenses que se queixan da gran cantidade de roedores que se poden ver polas rúas da cidade e que onte tiveron o seu máximo expoñente cando os roedores camparon as súas anchas polas rúas do centro da cidade, chegando a entrar en varios negocios
O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo reclama un plan urxente de desratización de toda a cidade xa que se seguen a suceder as queixas dos lucenses porque non paran de ver roedores correndo polas rúas da cidade a calquera hora do día.
O populares fanse eco das últimas queixas recibidas, onte pola tarde, despois de que moitos lucenses viran a varios roedores por diversas rúas do centro da cidade, chegando a entrar en varios establecementos comerciais. “Chegamos a un punto no que a cidade está dominada pola sucidade e temos que poñer un punto final a esta dinámica porque do contrario imos ter un problema serio de saúde pública”, sinalan.
Esta queixa engádese a outras decenas xa recibidas na oficina do Grupo Municipal Popular por moitos lucenses, todos de diferentes barrios, que aseguraban estar fartos de ver ratas pasear polas rúas a diario. O Sagrado Corazón, A Cheda, A Milagrosa, A Piringalla, O Castiñeiro… todos os barrios da cidade teñen un denominador común “a sucidade que os invade e que propicia a aparición das ratas”, mentres o bigoberno segue a protexer a unha multinacional que factura cada ano preto de 8M€ sen contrato e sen aplicar o novo convenio ao traballadores desde o ano 2018.
Para os populares esta situación débese unicamente á falta de traballo do bigoberno que ademais do problemas xerados en diferentes barrios da cidade por manter a centos de veciños varios días sen auga corrente, agora se empeñan en manter Lugo como a cidade máis sucia de Galicia.
Neste senso, desde o Grupo Popular recórdase como o ano pasado se levou a pleno unha iniciativa para acometer un plan de limpeza integral da cidade, proposición que se aprobou pese ao voto en contra de Lara Méndez, debido á “nefasta imaxe” que amosaba e que agora desde o bigoberno “se empeñan en empeorar”.
Desde o Grupo Municipal Popular recordan un dos casos máis alarmante dos últimos meses. Un veciño do barrio Feijoo realizou numerosas queixas nas que denunciaba a falta de limpeza de varios solares anexos a súa vivenda, o que provocaba un serio risco para a súa saúde, xa que estas fincas cheas de maleza chegaron a converterse nun foco de infeccións, xa que debido á altura que chegou a ter a maleza as ratas empregan os ramallos para invadir a súa vivenda.
Ante esta situación que “xa é preocupante” o Grupo Municipal Popular pedirá explicacións das medidas adoptadas polo bigoberno dentro do plan municipal de desratización, así como o cronograma que se sigue e que se fixo no centro da cidade e nos diferentes barrios para atallar este problema.
Esta situación fai reflexionar fondamente aos popular que se pregunta “como estarán o resto de barrios se Lara Méndez e Rubén Arroxo permiten que se vexa esta imaxe do casco histórico”, algo que “non é o mellor camiño” para acadar que o casco histórico de Lugo sexa declarado como Patrimonio da Humanidade.