InfraestruturasObrasPersoal

O PP denuncia a pasividade da alcaldesa ante as reiteradas avarías de auga que se producen en Lugo

By 23 Febreiro, 2020Febreiro 24th, 2020Sin comentarios

Os populares comprobaron in situ a solución terceiro mundista que dá o concello aos veciños dos números impares de Serra Gañidoira colocando “dúas billas nos que, ao ter pouca presión, se tarda uns 10 minutos en encher unha garrafa”

O Partido Popular comparte a indignación dos veciños dos números impares da rúa Serra Gañidoira que levan sen auga nas súas vivendas dende a madrugada do pasado sábado. Para o Grupo Popular a solución provisional é “un mal parche” e responde a pasividade da alcaldesa por solucionar un problema que afecta a práctica totalidade dos barrios de Lugo. Nese senso, os populares amosan a súa sorpresa porque logo das últimas avarías sucedidas en Marqués de Ombreiro, Rei Don García … o goberno local segue paralizado e sen buscar unha alternativa para dar cobertura a estas avarías de emerxencia. “O concelleiro de Medio Ambiente non é de fiar xa que incumpre a súa propia palabra” en alusión ao compromiso que lanzou de que coa máxima dilixencia ían a arranxar futuras avarías”.
Os populares ironizan con que “se a súa rapidez é colocar dúas billas, nas que apenas hai presión para encher garrafas” e “darlle largas aos afectados ata o luns”. “Evidentemente hai cabreo porque os residentes de Serra Gañidoira pagan os seus impostos coma o resto”, resumía Carballo.

Para os populares este tipo de situacións rocambolescas son froito do desmantelamento, que impulsou durante anos o PSOE, da brigada de augas deixando “sen cobertura de emerxencias a toda a cidade xa que ao non ter persoal non se arranxan avarías en horario de noite, nin en fin de semana”. Para o Grupo Popular esta mala decisión provoca que se amplíen arranxos que podían facerse en dúas, tres horas, a dous ou tres días condenando aos veciños de Lugo, de diferentes barrios, a sufrir retrasos nas reparacións

O desmantelamento da brigada suporá agora o que xa predixo o Partido Popular que é un encarecemento da factura final da reparación xa que “hai que pagar o servizo de urxencia, nocturnidade e ademais as avarías tardan máis en repararse porque as firmas privadas descoñecen o deseño da rede o que ralentiza e encarece as reparacións xa que os que realmente coñecen á perfección a rede de abastecemento son os empregados municipais, aos que o goberno municipal dá as costas”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies