Antonio Ameijide, denunció que Lara Méndez está “escondiéndose” al no asumir sus competencias como alcaldesa a tan solo seis meses de las elecciones municipales.
Antonio Ameijide explica que a rexedora está a “desatender” as súas funcións e puxo como exemplo que non se convoca o estado do debate do Concello, nin se convoca aos grupos da oposición para falar dos orzamentos nin se realizan numerosos trámites administrativos, quizais porque trala “debacle” socialista en Andalucía a rexedora agarda a ver que ocorre con Susana Díaz xa que se ve “reflectida” na mesma situación.
Antonio Ameijide destacou que a actitude de Lara Méndez “de agocharse coma un avestruz” o único que acredita e certifica que os lucenses “estamos ante os últimos estertores do PSOE en Lugo”.
Neste senso, o voceiro popular recorda que a xestión de Lara Méndez á fronte do Concello “é nefasta” o que redunda nun funcionamento “inadecuado” da administración, que só saca o traballo adiante “grazas á vontade dos traballadores municipais de manter en marcha a administración”. Por exemplo, seguen sen cubrirse as numerosas xefaturas de servizo que están vacantes, o que ten “moita incidencia” na parálise e no caos de persoal que se vive no Concello de Lugo.
Ademais, Antonio Ameijide afirma que Lara Méndez renunciou a modificar as ordenanzas fiscais e, noutros casos, a someter á aprobación do pleno a creación de novas ordenanzas, como pode ser a ordenanza de convivencia, xa que se trata “dunha alcaldesa secuestrada pola esquerda radical e os nacionalistas”, o que demostra que é unha alcaldesa “títere de dous de 25 concelleiros”.
No tocante ás ordenanzas fiscais hai que suliñar que “son imprescindibles para a elaboración dos orzamentos de ingresos” salientando que a competencia para aprobar o proxecto de ordenanzas corresponde á Xunta de Goberno Local pero ten que pasar varios trámites “como son remitilo á Comisión de Contas, elevalo a Pleno e publicación no BOP, así como contar cun período de 30 días para a presentación de reclamacións. Por todo isto á altura do ano no que nos atopamos é materialmente imposible que a súa aprobación se produza antes do mes de marzo “sendo moi optimistas”.