Economía

O PP esixe rigurosidade a Lara Méndez ao perder nun caixón 292 facturas de autónomos e pequenos empresarios de Lugo por un valor de case 5M€

By 2 Decembro, 2020Sin comentarios

O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide explica que onte recibimos unha corrección do informe de morosidade do terceiro trimestre deste ano, no que se certificaba que a débeda real do goberno local con autónomos e pequenos empresarios ascende a 10.898.436,57€, case o dobre do que recoñeceron hai unhas semanas

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, revela o dato real da débeda do Concello de Lugo cos autónomos e pequenos empresarios do municipio, xa que en lugar de ser de 6.148.559,57€ a débeda dispárase aos 10.898.436,57€.

Antonio Ameijide explica que onte recibimos unha notificación por parte da tesoureira municipal notificando o dato real da débeda do Concello de Lugo, polo que o vicevoceiro popular pregunta a Lara Méndez en que caixón agocha as facturas para que “o erro” no que se escusan sexa de 4.749.877€. “Non falamos de que se perderon tres ou catro facturas por valor de 1.000€, se non que se trata de 292 por un importe cercano aos 5M€”, sinalou.

O concelleiro popular critica como o goberno local segue a manter a mesma liña na súa política económica, nunha situación económica moi complicada pola actual situación sanitaria e pese a que nas contas bancarias municipais hai 47.408.652,91€.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies