No Grupo Municipal Popular non entenden a negativa do goberno local a poñer en marcha medidas de apoio a celíacos, que se calcula que en Lugo son un 2% da poboación, un colectivo que non ten tratamento contra esta doenza, polo que unicamente poden facer dieta con produtos que supoñen un custo extra de 800€/ano
Nos últimos tempos a palabra “celiaquía” pasou a formar parte do vocabulario habitual en moitas familias. Esta “enfermidade multisistémica con base autoinmune provocada polo gluten e as prolaminas” precisa da súa visibilidade para que se poda dar apoio ás persoas que a padecen. Estamos a falar dunha enfermidade que afecta ao 1% da poboación e para a que non existe tratamento curativo. O benestar dos afectados pasa por concienciar a toda a sociedade da relevancia de medidas que poidan axudar ás familias a facer máis levadeiro o cambio de hábitos, principal recurso para que os enfermos podan ter unha boa calidade de vida.
Co obxectivo final de normalizar a vida deste colectivo faise preciso dar visibilidade e apoio a esta doencia. No ano 2020 levouse a pleno unha iniciativa do GMPP para conquerir este obxectivo, pero quedou en papel mollado xa que apenas se fixo nada ao respecto dende entón.
Aínda que a oferta para celíacos na maioría dos municipios estase a incrementar, vemos que na cidade de Lugo está moi limitada. Por iso faise preciso tomar medidas que fomenten entre o comercio e a hostalería da nosa cidade a sensibilidade con este colectivo, ampliando a oferta que existe e dando servizos de calidade.
É o momento de buscar iniciativas para favorecer a este colectivo e que sexamos capaces de aproveitar sinerxias das demandas que teñen os enfermos desta doencia. Poñer a Lugo no mapa da gastronomía accesible, de xeito que esto supoña un reclamo para coñecer a hostalería da nosa cidade e que Lugo se sitúe entre as cidades que ofrecen alternativas a estos enfermos, é unha oportunidade que non se debe desaproveitar, e dende o Concello de Lugo podemos colaborar de xeito activo fomentando e incentivando esta implicación do sector. Os celíacos tamén fan turismo e buscan destinos que lles permita facer unha vida con normalidade alí dónde van. A día de hoxe Lugo se atopa na cola das cidades galegas en canto á oferta de productos adaptados a intolerantes, pero se de algo pode presumir esta cidade é da calidade da súa horta e da súa cociña, o que debe permitir facer propostas de primeiro nivel para os amantes da gastronomía que, ademáis, se elaboren con toda a seguridade para os que conviven con este tipo de diagnóstico.
Pero non só estamos a falar de medidas que permitan á cidade aproveitar esta coxuntura, estamos a demandar medidas ante un colectivo dobremente castigado. A día de hoxe a cesta da compra sen glute ten un custo máis elevado, de feito, existen estudos que poñen de manifesto que as familias que teñen algún membro que padezca celiaquía virón a súa cesta da compra incrementada en 860€ no ano 2021.
Por todo isto o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:
- Estableza un programa de apoio ás familias con escasos recursos económicos que teñan algún membro que padeza a enfermidade celíaca ou outras intolerancias, facilitándolles unha serie de lotes mensuais de produtos alimenticios básicos sen glute.
- Promova en colaboración coa Asociación Galega de Celiacos unha campaña de divulgación sobre a celiaquía e concienciación desde unha idade temprana.
- Que o Concello de Lugo convenie coa ACEGA e a Asociación Provincial de Hostalaría levar a cabo iniciativas que poñan a Lugo no mapa da gastronomía accesible.
- Que nos futuros pregos de condicións das casetas do polbo se puntúe aquelas que ofrezan garantías para consumir o produto estrela do San Froilán”.
- Que se faga un Concurso ou tour de Tapas sen glute similares ao Tapas Picadillo de A Coruña, Santiago é Tapas, Sabores de Ourense ou Potealmorzo de Pontevedra.
- Que se incentive entre a hostalería e o comercio de Lugo a oferta de productos sen glute con garantías de seguridade para os consumidores e con precios competitivos no sector. MUY SIMILAR A LA 3
- Se dirixa ao Goberno de España para que impulse unha baixada do IVE para os produtos sen glute, e a Deputación Provincial de Lugo para que edite unha guía gratuíta de información sobre este tipo de enfermidades.