Cultura

O PP non entende que Maite Ferreiro devolvese unha axuda de 43.000€ para potenciar a Muralla por non querer investir na súa promoción

By 23 Outubro, 2020Outubro 26th, 2020Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide critica a postura tomada pola responsable municipal de Cultura que afirmou que dende o seu departamento descartaron investir 37.000€ na promoción dun ben que é Patrimonio da Humanidade, que representa a todos os lucenses e do que nos sentimos moi orgullosos, porque non o consideraron oportuno

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, amosou a súa sorpresa despois de coñecer o goberno local devolveu unha subvención de 43.000€, do Ministerio de Cultura e Deporte, para promocionar e difundir a Muralla, simplemente concelleira responsable de Cultura, Maite Ferreiro, considerou a parte que tiña que poñer o Concello de Lugo, 37.000€, non merecía a pena para promocionar un ben recoñecido como Patrimonio da Humanidade hai 20 anos.

Para Antonio Ameijide que a área de Cultura deixase pasar esta oportunidade “non te explicación algunha” e seguramente responda a motivos ideolóxicos, xa que vimos como nos últimos meses si que realizaron outro tipo de investimentos de cantidades semellantes “sen poñer reparo algún”.

O popular critica que se teña chegado a esta situación por tratarse dun desprezo absoluto para os lucenses xa que, logo de ter concedido o diñeiro non se utilizou para potenciar a Muralla e, por outro lado, supón unha incongruencia ter feito un traballo e facer un esforzo para optar a unha axuda que logo se desbota sen máis.

Unha postura complicada de entender, xa que os criterios marcados para desbotar esta axuda non están claros, ao que se engade que dende Cultura afirman que non hai cartos para a Muralla pero si para murais con simboloxía independentista, como o de San Roque.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies