Dende o Grupo Municipal do Partido Popular explican que os veciños desta rúa da cidade expresaron o seu malestar despois de que estas zonas verdes leven anos “sen ningún tipo de atención” o que desembocou en que a imaxe que deixan sexa “dun total abandono”
O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo pide ao bigoberno de Lugo que estude a mellor vía para reacondicinar as medianeiras da rúa Serra de Ancares, que a día de hoxe deixan unha imaxe “deplorable” despois de levar anos sen ningún tipo de atención municipal, tal e como explicaron os veciños da zona.
Os populares sinalan que nesta zona da cidade, as medianeiras serven para distribuír o tráfico xa que o ancho da vía permite dividir en dúas zonas a rúa. O problema radica en que hai moito tempo que se deixaron estas zonas verdes sen atención e xa carecen de herba e a súa imaxe “é moi mala”.
Po riso, dende o Grupo Popular se solicita que se recuperen estas zonas verdes da cidade ou, se pola contra non se queren atender, que se estuden o mellor xeito para proceder a súa eliminación e aumentar o número de prazas de aparcamento nesta zona da cidade, moi empregada por lucenses para deixar o seu vehículo e achegarse ata o centro da cidade para facer xestións e compras.