EconomíaProposición

O PP pide o apoio da alcaldesa para que Sánchez aboe a débeda con Galicia xa que “do contrario sería cómplice do seu agravio cos lucenses”

By 27 Xaneiro, 2020No Comments

O voceiro do Grupo Municipal do PP Ramón Carballo xustifica a urxencia desta proposta nas “inadmisibles” declaracións realizadas este martes pola ministra de Facenda nas que aseguraba que esa era unha cuestión que “tocaba no ano 2019” e que “xa se perdeu a oportunidade de poder resarcir” esa débeda con Galicia

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, afirma que o seu grupo defenderá no pleno unha moción de urxencia dirixida a que o Concello de Lugo amose o seu apoio á Xunta de Galicia na reclamación ao Estado da liquidación dunha mensualidade do IVE de 2017, 200 millóns de €, e négase a pagar os incentivos que lle corresponden a Galicia polo bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018, 170 millóns de €.

Por iso, Ramón Carballo sinala que é preciso declarar o apoio do Concello de Lugo á reivindicación da Xunta de Galicia ante o Goberno de España para que ingrese as contías do IVE non liquidadas correspondentes ao exercicio 2017 como consecuencia da implantación do sistema de Información Inmediata e manifestar un apoio firme e decidido á reivindicación da Xunta de Galicia ante o Goberno de España dunha convocatoria urxente do Consello de Política Fiscal e Financeira, cunha orde do día que inclúa un punto específico para abordar a aprobación a Galicia dos incentivos polo seu bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018.

O voceiro popular sinala que para dar máis forza a esta reclamación da Xunta, sería preciso dar traslado destes acordos ao Goberno de España, á Xunta de Galicia e aos Grupos Parlamentarios do Congreso dos deputados e do Parlamento de Galicia.

Para Ramón Carballo as actuacións e declaración públicas realizadas o pasado martes trala reunión do consello de ministros, son “inadmisibles” xa que a ministra de Facenda e portavoz do goberno indicou que era unha cuestión que “tocaba no ano 2019” e que “xa se perdeu a oportunidade de poder resarcir”.

Este explicación non só carece de fundamento xurídico algún, senón que supón romper o compromiso que a propia ministra asumiu persoalmente en agosto de 2018 e que levou á Xunta de Galicia a prever eses ingresos nos seus orzamentos.

Ramón Carballo agarda que todos os grupos que forman parte da corporación lucense apoien esta iniciativa xa que o impacto económico desta decisión do Goberno central afecta directamente ao sistema de financiamento autonómico, e por ende a todos os galegos, e pode supor ademais unha perda de recursos para os veciños do noso concello, polo que “esta corporación non pode permanecer allea a esta reivindicación”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies