PoliciaSeguridade

O PP pide o respaldo en pleno de PSOE e BNG para integrarse no VioGén

By 25 Outubro, 2019Outubro 30th, 2019No Comments

Os populares afirman que a maior parte dos concellos da provincia que teñen policía local, e que contan con máis dun axente en plantilla, están adheridos a este protocolo de colaboración asinado no ano 2006 entre o Ministerio do Interior e a FEMP

O Partido Popular elevará a pleno unha iniciativa para que o Concello de Lugo se adhira ao protocolo de Violencia de Xénero coñecido como VioGén. A concelleira do PP María del Carmen López Silva esixe ao bigoberno de Lugo que “esté á altura e que non se poña de perfil nun asunto deste calado, tal e como fixo ata o de agora” afirmando que “sorprende que un goberno que presume de políticas de igualdade ainda non se adherise a este protocolo”.

A popular explicou que esta ferramenta, impulsada pola FEMP a través dun protocolo asinado no ano 2006 co Ministerio do Interior ofrece aos concellos con policía local a posibilidade de establecer colaboración entre corpos de seguridade do Estado e a Policía Local. No caso da provincia de Lugo “dez dos quince concellos que teñen axentes da local se sumaron a este protocolo” detallando que “houbo casos nos que algún municipio non puido integrarse no VioGén porque só tiñan un único policía local e non había quen se fixera cargo das vítimas asignadas ao axente durante as vacacións”.

A edil do Partido Popular afirma que a alcaldesa de Lugo non ten disculpas que xustifiquen o seu rexeitamento a adherirse ao VioGén “poñendo como disculpa que non hai suficientes axentes, cando foron os sucesivos gobernos socialistas os que non convocaron prazas nin preveeron a tempo as xubilacións dos axentes”.

“É unha mágoa que se conformen cos minutos de silencio e a política de pancartas e que se empeñen en utilizar un tema tan sensible como este como arma arroxadiza” en alusión á polémica da semana pasada a conta das declaracións do alcalde de Ourense sobre este protocolo.

Para López Silva “o concello de Lugo non debe escatimar medios para levar a cabo unha correcta e real cooperación con todos os actores implicados na Violencia de Género”. A edil razoaba que “o lóxico xa sería que non tiveramos que levar esta iniciativa a pleno; o lóxico sería que por iniciativa propia PSOE e BNG se integrasen no VioGén e aproveitasen, deste xeito, todos os medios que hai a disposición das administracións locais, tal e como fan noutros concellos galegos”.

Os populares cren que “hai que pasar das boas intencións aos feitos e, nese senso, o concello de Lugo ten moitos deberes pendentes”. María del Carmen López Silva pediu que na vindeira Comisión de Servizos Sociais o bigoberno informe da situación do protocolo municipal da Violencia de Xénero que encargou o concello a unha consultora e polo que pagou 1800 euros; a edil do PP tamén pregunta porque non se convocou, dende 2011, a Mesa de Violencia de Xénero así como pola situación do Plan de Igualdade que leva anos sen actualizar e tamén recriminou que o Concello de Lugo non se adherise á Rede de entidades Locais contra a violencia de xénero a través dun convenio de colaboración coa Fegamp.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies