Urbanismo

O PP acusa de irresponsables aos socialistas por permitir que “Lugo termine o ano sen aprobar o Plan Xeral”

By 6 Novembro, 2015Xaneiro 13th, 2016Sin comentarios

O voceiro popular Jaime Castiñeira esixe axilidade para aprobar o 5% pendente do PXOM sostendo que, a menos de dous meses de que remate o ano, é inadmisible “que nin tan sequera se contratase o informe para delimitar a afección dos cauces fluviais que non aparecen grafiados”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular afirmou hoxe “que desta volta tampouco imos ter o PXOM aprobado” avanzando que “Lugo terminará o 2015 sen Plan Xeral, sumando 17 anos á cronoloxía dun trámite que xa tiña que estar concluído”. Para os populares “é pouco serio e responsable que a menos de dous meses de que remate este 2015 non se contratase o estudo de inundabilidade  delimitar a afección dos cauces fluviais non grafiados nos planos”.

Por outra parte o voceiro popular queixouse da falta de transparencia por parte do goberno local sobre este asunto. Castiñeira lembrou que hai case un mes que venceu o prazo para dar resposta á batería de preguntas formuladas sobre a situación do PXOM. O popular referíase un escrito rexistrado o 11 de setembro para súa resposta por escrito destacando que “á vista de que non se responderon as preguntas se levarán á próxima comisión para contestación oral”.

Jaime Castiñeira insistiu  “na incapacidade da alcaldesa socialista a marcar prioridades para impulsar temas, como o do PXOM, enquistados dende hai anos polo afán dos socialistas de entrar en litixios constantes e pasar responsabilidades a outras administracións”. “Este é un asunto prioritario polas repercusións económicas e o seu impacto nun sector moi castigado pola crise”, matizou o voceiro popular.

O voceiro popular quere que a alcaldesa detalle os pasos que deu o novo goberno socialista dende a súa toma de posesión, en xuño, así como cales foron as xestións que se fixeron trala última reunión celebrada co Pte da CHMS.

Castiñeira avanzou que neste momento deberíamos estar falando da actualización do Pepri ou do desenvolvemento de zonas como o entorno do Hula “onde, como o seu antecesor Orozco, agora é a alcaldesa a que se empeña en enganar aos lucenses con promesas de leiraparkins que non se poden executar por incumprir o Plan Xeral.

Castiñeira lembra que a estas alturas da tramitación xa se cumpren catro anos e medio da orde da CMATI que suspendeu o 5% do PXOM como consecuencia de diferentes erros na documentación xa que faltaba incorporar estudos hidrolóxicos e hidráulicos de varios leitos así como grafar o tramo alto do rio Rato; e tamén cúmprense máis de dous anos dende que o pleno, a instancias do PP, acordou elaborar antes de rematar o 2013 as correccións necesarias para aprobar o 5% pendente”. (Pleno 7 de outubro de 2013).

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies