Transparencia

O PP pregunta a Lara Méndez se respalda a afirmación da súa man dereita de que “o PSOE non ten proxecto para Galicia”

By 27 Decembro, 2019Xaneiro 7th, 2020Sin comentarios

Para o vicevoceiro popular o conflicto “de carácter interno” aberto polo número dous da alcaldesa podería ter repercursións na prestación de servicios municipais xa que “é un feito que hai cargos do equipo de goberno máis preocupados en abrir loitas partidistas que en traballar e xestionar as cousas do concello”

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide quere saber se a alcaldesa de Lugo respalda as afirmacións da súa man dereita, o señor Álvaro Santos, nas que asegura que o PSOE non ten proxecto para Galicia. Para os populares resulta preocupante que “en vez de estar ao que hai que estar, dende as bancadas socialistas, abran un conflicto de carácter interno e claramente partidista” engadindo que “di o dito que quen cala outorga, polo que entendemos que as manifestacións do tenente de alcalde de Lugo contan co beneplácito de Méndez” manifestou.

Antonio Ameijide explicou que “esta guerra aberta no seo do PSOE lucense pode desestabilizar ao goberno local e iso está tendo consecuencias na xestión do día a día do concello e, por tanto, na prestación de servizos aos cidadáns”.

Para os populares é moi significativo que “esta guerra partidista sexa un dos frontes e das preocupacións da alcaldesa de Lugo”. O segundo capítulo no que esgota a súa enerxía “é o relativo a ocultar ilegalidades en materia de persoal dos seus padriños políticos, e dela mesma, negándose en pleno a crear unha Comisión de Investigación”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies