InfraestruturasTransparenciaUrbanismo

O PP propón á alcaldesa que amplie o tour de visitas a todos os edificios abandonados propiedade do Concello

By 8 Novembro, 2019Novembro 13th, 2019Sin comentarios

O voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo acusa a Méndez de incoherencia e oportunismo xa que “en 2017 ela e o grupo socialista votaron en contra dunha iniciativa do PP na que pedíamos visitar as instalacións municipais sen uso, como o Cuartel de San Fernando”

O Partido Popular propón ampliar o tour de visitas a outros edificios municipais abandonados, inacabados ou sen uso propiedade do Concello como son a Fábrica da Luz, Vella depuradora e potabilizadora, depósitos da Piringalla e A Milagrosa, Matadoiro, Escolas rurais de Labio e Cabanas …

O voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo aproveitou o anuncio da alcaldesa de programar visitas ao Cuartel de San Fernando para recriminarlle a súa falta de coherencia e a súa irresposabilidade xa que “levan case tres anos negándonos visitar todas estas instalacións de titulariedade municipal”.

Os populares lembran que existe un acordo plenario de 2017 no que a corporación acordou organizar visitas a estes edificios co obxecto de ver en que situación estaban para logo elaborar un plan de aproveitamento. De feito, dende o Partido Popular, avanzan que algúns deles como a vella potabilizadora podería servir de base de proxectos de impulso do turismo, deportes ou para crear espazos con fins educativos e formativos.

Para Carballo o programa de visitas ao Cuartel de San Fernando “é unha manobra de distracción da alcaldesa para emprender unha nova batalla contra a Xunta”. O voceiro popular lamentou “a pouca memoria dos socialistas” xa que no pleno celebrado en 2017 “o PP solicitou visitar estes edificios municipais, incorporando tamén o Cuartel de San Fernando” destacando que “no debate da sesión votaron en contra restándonlle importancia á iniciativa” manifestando que “o voceiro socialista en 2017 chegou a dicir que había cousas máis importantes que facer e que era tan simple como pedir por escrito as visitas, algo que fixemos sen conseguir entrar aos edificios”.

“Para nós é importante coñecer de primeira man o estado real así como o potencial que teñen e, dese xeito, se podería valorar o seu futuro”. “Semella que agora, en campaña electoral, resucitan este tema, adoptan a postura de vitimismo” puntualizou Carballo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies