O Partido Popular quere que o Campus Terra e o Servizo de alergoloxía do Hula asesore ao concello “cales son as especies que se deben plantar en xardíns e parques da cidade para reducir, a medio e longo prazo o volumen de polen, xa que en 2050 se estima que a metade dos lucenses serán alérgicos”
O Grupo Popular levará a pleno unha proposición co ánimo de que dende o goberno local se leve a cabo unha planificación saudable das plantacións dos parques e xardíns de Lugo.
As concelleiras populares Maria del Carmen López Silva e Beatriz Vázquez Belda afirmaron que o goberno local ten a responsabilidade de “escoller as árbores e plantas ornamentais que se planten, substituír as especies máis alérxicas e, tamén, levar a cabo un control do estado de saúde do arborado para evitar desplomes como o último á altura da rotonda da N-VI con Alfonso X”.
As populares aseguran que “tendo en conta que no ano 2050 máis da metade dos lucenses serán alérxicos é preciso que Lugo teñan unha visión de futuro e non traballar de forma improvisada e, por tanto prever o tipo de especies que se utilicen”.
Por este motivo, as concelleiras populares propoñen “que se cre unha Mesa de traballo na que estén representados ademais do Campus Terra, profesionais do ámbito da xardinería urbana, especialistas en botánica, alergólogos para controlar a plantación indiscriminada de árbores alerxénicos. Hai que facer unha diagnóse do árborado e plantas ornamentais que temos en parques, xardíns, avenidas, prazas … da cidade”. Unha vez feito o censo é cando debemos planificar as reposicións, novas plantacións, podas …”.
Para as concelleiras do PP “é un erro que se seleccionen plantas ou árbores porque medran rápido e custan pouco” explicando que “os abedules, tullas, plataneros de sombra e as gramíneas da maleza son as que están provocando a maior parte das alerxias” polo que habería que buscar outras especies autóctonas menos alergénicas.
Nun estudio polínico realizado no Campus de Lugo se sinalan varios aspectos relativos ás especies mías alerxénicas: (adxúntase tese)
– A taxa que representa un maior risco para a poboación susceptible de sufrir polinosos son, Poacaeae y Urticaceae durante os meses de xuño e xullo. A Betula y Quercus en abril y Pinus en marzo.
– As maiores concentracións polínicas se producen pola tarde
– A presenza de pólen acada máximos en primavera e verán
Por último, as concelleiras populares indican que outro aspecto no que hai que incidir é “no da divulgación da riqueza do noso ecosistema así como sensibilizar á cidadanía sobre o respeto ao medio natural”. Nese senso lembraron como o Partido Popular en Lugo foi pioneiro en desenvolver proxectos divulgativos como o que promoveu cando se fixo o Parque do Miño colocando metacrilatos con información das especies máis características da zona, unha placas que desapareceron e que ningún dos gobernos socialistas que levan 20 anos ao fronte do Concello foron quen de recuperalas.