Parques infantís

O PP urxe ao goberno de Lara Méndez a mellorar a seguridade no parque infantil do Marcos Cela

By 26 Febreiro, 2022Sin comentarios

Os concelleiros populares alertan da necesidade de mellorar a seguridade nesta zona de xogos xa que falta un tramo de varios metros do valado exterior, provocando o serio risco de caída por unha ladeira de varias decenas de metros

O parque infantil Marcos Cela precisa dunha intervención inmediata por parte do goberno local xa que presenta unha serie de deficiencias que poden poñer en risco a integridade dos pequenos que fagan uso desta zona de ocio.

O máis urxente é reparar o valado exterior desta zona verde, xa que rompeu e falta un tramo de varios metros, provocando un serio risca de caída por unha ladeira de varias decenas de metros. Na propia zona de xogos infantil urxe reparar o chan acolchado, xa que ten varias faltas e roturas, polo que non cumpre a súa función, sen esquecer a necesidade de mellorar o aseo da zona.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies