Proposición

Elaboración dunha Ordenanza para combater o problema dos gorrillas 26.05.2016

By 20 Maio, 2016Sin comentarios

Elaboración dunha Ordenanza para combater o problema dos gorrillas/ 26.05.2016

O Partido Popular solicita ao goberno local que poña coto á actividade dos gorrillas no entorno do HULA e, nese senso, reclama a elaboración dunha normativa para prohibir esta práctica.

No Pleno celebrado o 7 de outubro de 2013 aprobouse unha iniciativa a instancia do Partido Popular na que se solicitaba a adopción de medidas para atenuar ou evitar a actividad dos gorrillas no entorno do HULA. A devandita iniciativa, a pesares de ser aprobada, ata o día de hoxe non se adoptou por parte do equipo de goberno ningún tipo de medida, para dar cumprimento a mesma.                Esta actividade ao longo dos últimos anos está a consolidarse na nosa cidade, de feito lonxe de reducirse, está a sufrir un incremento no número de conflitos xerados, como poden ser: intimidacións, agresións verbais e incluso nalgunhas ocasións agresións físicas. Igualmente está a aumentar de xeito preocupante o número de individuos que se adican a esta práctica, situación que ademais se pode ver agravada debido ao aumento do número de estacionamentos no entorno do HULA, algo que vai a favorecer ao entorno, pero como contrapartida pode exercer de efecto chamada a máis persoas para exercer dita actividade.                              Unha forma de contrarrestar esta situacion sería coa elaboración dun plan específico que teña por finalidade atallar a cuestión dos gorrillas, o cal afecta aos condutores, veciños da zona, etc… Este plan debería dar resposta aos motivos que provocan que estas persoas leven a cabo esta práctica, buscando as posibles solucións e alternativas a este grave problema de carácter social.                 Asi mesmo é necesaria a aprobación dunha ordenanza específica que prohíba a práctica de gardacoches ilegais ou gorrillas no Concello de Lugo, dando resposta a demanda cidadá e da propia Policía Local os cales precisan dun amparo legal ou normativo para combater con maior efectividade esta práctica.                Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE: 

Que o Concello de Lugo elabore no menor prazo posible un plan específico e unha ordenanza que teñan por finalidade a prohibición da práctica dos gardacacoches ilegais ou gorrillas.

 

 

Aprobada

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies