Servizos xerais

Elena Candia: “arrancaremos a próxima semana cos encontros abertos á cidadanía e a creación de mesas sectoriais”

By 12 Xuño, 2023Sin comentarios

Trala toma de posesión das actas de concelleiros o vindeiro sábado o Grupo Municipal activará a súa axenda traballo

“O noso traballo non é puntual, nin temporal vai ser permanente. Daremos continuidade durante os próximos 3 anos e 11 meses á organización que tivemos durante a pre e campaña electoral ese é o compromiso que temos cos 21.500 lucenses que nos votaron e coa cidadanía lucense en xeral”.

Elena Candia explicou que “unha vez que tomen posesión da acta de concelleiros se activará o traballo e a presenza na rúa do Grupo Municipal  promovendo dous tipos de accións: as xuntanzas territoriais, recuperando o formato de escoita activa e diálogo permanente coa veciñanza e, en segundo lugar, a creación de mesas de sectoriais monográficas que aborden diferentes temáticas”.

Para a vindeira semana está cerrado o primeiro encontro aberto á cidadanía no barrio de A Ponte que se desenvolverá o xoves 22 de xuño ás 20:00 horas no Bar Aniceto. Tamén se vai crear a primeira das mesas de traballo permanentes que abordará asuntos relacionados cos colectivos migrantes que viven en Lugo dando participación a integrantes de diferentes asociacións  de distintos países.

Elena Candia explicou que a reunión de coordinación desenvolverase todos os luns ás 8.00 horas aclarando que “o Grupo Municipal é un equipo dinámico, construtivo e proactivo que está ilusionado, como moita forza e gañas de traballar”.

 

ATENCIÓN PRESENCIAL

Os populares tamén prestarán atención presencial nas oficinas do Grupo na Casa do Concello na Praza Maior o horario de atención ao público e tamén poñen a disposición dos lucenses un servizo de whatsapp para que comuniquen as súas queixas e suxestións sobre asuntos relacionados co municipio.

O número é o 618 626 902 que precisamente tamén se utiliza para ofrecer información sobre a actividade do grupo polo que os interesados en sumarse a esta canle de comunicación só teñen que enviar a palabra ALTA para activar as notificacións.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies