* PSOE e BNG son moi malos xestores xa que tiñan 13,5 M€ do anexo de investimentos pero só levan executados 1 M€ (7,4 %), se temos en conta o comprometido a cifra sería de 2.224.408 M€ (17,8%)
* A popular explicou que “ademais dos perxuizos porque non se fixeron as obras pese a que dispoñían de diñeiro, tamén hai un impacto negativo na economía do concello xa que o préstamo que se pediu non é gratuíto porque cos intereses ao final vaise pagar máis de 17M€, desaproveitando un ano de cadencia sen aproveitar eses cartos para as obras que a cidade necesita”
* A voceira popular demostrou que o bigoberno de Lugo non é transparente, nin responsable, nin rende contas, nin permite a participación, nin ten interese nin capacidade para dar desposta ás demandas dos cidadáns
A voceira popular deulle un tirón de orellas á alcaldesa, primeiro, por privar do dereito da participación política poñendo o pleno do concello o mesmo día que o da deputación “por capricho” atentando contra o artigo 23 da Constitución. O outro incumprimento é que remata o ano sen ter aprobados os orzamentos para o vindeiro 2025 antes do 31 de decembro.
Na primeira intervención do Debate do Estado da Cidade Elena Candia analizou 5 ítems que certifican que foi un mal ano para Lugo e que o bipartito é un mal goberno.
Transparencia.- A popular recriminou os problemas que teñen para acceder á documentación, o incumprimento de prazos que os levou a pedir o amparo á Valedora do pobo e destacou as as cinco veces que o Grupo Popular tivo que reclamar os expedientes de contratos do San Froilán.
Tamén aludiu a falta de transparencia dos contratos menores e criticou que non fosen transparentes coa planta de biomentano de Coeses, xa que coñecían o proxecto desde 2021 informándoo en menos de 2 meses, co Nadal por medio. A falta de transparencia tamén foi unha constante nas obras do centro referíndose a cando dixeron que estaba todo pendente pero a realidade era que xa estaban adxudicadas. Tamén citou o caso da gardería Gregorio Sanz cuxa comparecencia para dar explicacións en pleno vetaron. Se non teñen nada que esconder a que temen.
Responsabilidade.- a popular destacou varios exemplos de sentenzas polos que ninguén pediu disculpas do dano persoal causado e nin deron explicacións por dúas acción que asina a que hoxe é alcaldesa.
Elena Candia referiuse a sentenzas: A do 31.05.2023 relativa ao cese da xefa de persoal e a do 12.11.2024 por impedir a toma de posesión dunha funcionaria, precisamente é a mesma persoa que hoxe alaba. que aspiraba á praza en urbanismo e a do 28.01.201 das traballadoras despedidas do 010.
Son un mal goberno porque non renden contas
Lugo segue sen Plan de acción da alcaldía relativo ás medidas a adoptar respecto a incumprimentos, debilidades, deficiencias e erros. Elena Candia manifestou que de “de maneira reincidente nos contan contos ignorando a lei, ignaorando os informes, levantando reparos de legalidade”.
A popular explicou que “minten no período medio de pago, nada se sabe dos 6.164.000€ que os informes identifican como acreedores por operacións pendentes de aplicar a orzamentos; non detallan que fixeron cos máis de 52M€ de remanentes de tesourería que dispoñían dende que asumiron a responsabilidade de goberno.
A gravidade das súas prácticas levounos ata non asinar unha parte do goberno “as trapalladas” doutra parte; ainda estamos agardando explicacións pola ausencia repenteina da alcaldesa ata que o señor Arroxo asinou os máis de 180.000 € con reparos e con incumprimentos.
Intentaron justificar a Zona de Baixas Emisiones para mellorar a saúde dos lucenses cando poñían en perigo cun brote de lexionela que superaba os parámetros aceptados nas Caldas do Miño. Ninguén deu unha explicación sobre esta situación
Tampouco aproban en participación Elena Candia afirmou que “escoitar é clave para acertar” indicando que a participación é outra das asignaturas que suspenden e enumerando diferentes exemplos:
Non escoitaron a proposta para ubicación do centros de saúde do Sagrado Corazón, nin as necesidades da Policía Nacional nin dos veciños do barrio da Residencia ofrecendo unha parcela insuficiente. Desoiron á veciñanza no itinerario do carril bici, non tiveron en conta as necesidades de Fontiñas proponiendo unha ubicación que non gusta no barrio; tampouco tiveron en conta a opinión dos lucenses coa ubicación da fugaz praia fluvial. Tampouco escoitaron á veciñanza na regulación da mobilidade da cidade, na distribución e no deseño das liñas de autobuses urbanos, nin tampouco teñen en conta ás entidade sociais e deportivas que se ven afogadas, sen medios.
Capacidade de dar resposta ás necesidades da ciudadanos. A voceira popular reflexionaba sobre os derroches de socialistas e nacionalistas en proxectos que non son prioritarios. Elena Candia manifestou que non se eliminaron tapóns urbanísticos a pesar de ter consignación presupuestaria. Tampouco se avanzaron nunhas instalacións dignas para a protectora. Seguimos sen axilidade burocrática o que desincentiva aos investimentos indicando que a media de espera para ter unha licenza no rural alcanza os dous años e, en solo urbano supera o ano (empeora con respecto ao ano pasado).
Tamén seguen sen resolverse os problemas nas instalacións deportivas, nada sabemos da licitación do proxecto do novo pabillón polideportivo; son incapaces de solucionar al aparcamiento en zonas tan sensibles como na contorna do Campo de fútbol de As Gándaras; o rural tamén segue sen servizos, sen abastecemento. A popular tamén aludiu ás deficiencias en servizos básicos como o do subministro da auga facendo fincapé en que non se arrancaron os problemas de presión no CEAO e lembrando o informe que teñen ao respecto recalcando que “non sei como poden durmir tranquilos”
O concello de Lugo continúa sen contrato de mantemento dos parques infantiles, sen unha promoción turística ambiciosa e transversal, seguiremos sen Praia Fruvial, sen aparcamientos disuasorios na cidade e incluso nos polígonos, cando tiñan solucións e recursos, tamén votaron en contra.
Seguimos sen estar adheridos al sistema de Viogén; sen dar alternativas ás xuventude; sen solucionar problemas por falta de mantemento nos centros educativos; sen un plan de rehabilitación para la zona norte que prometeu ata en 8 ocasións no barrio da Milagrosa. En materia de urbanismo non se actualiza o PEPRI, outro compromiso que nunca chega. Descoñecemos como están as tributacións do IBI nas áreas de expansión.
A popular concluía poñendo de manifesto que “PSOE e BNG sigan sendo un matrimonio de conveniencia e que só os une un obxectivos que NON GOBERNE O PP, ainda que gañara claramente as eleccións”
Na SEGUNDA INTERVENCIÓN a popular amosou a súa sorpresa de que a alcaldesa de Lugo esté traballando para facerlle oposición á anterior alcalesa “no pódium no primeiro lugar é facer oposición á Xunta; logo a Elena Candia e por último a súa predecesora Lara Méndez” reflexionando que “parece que herdou a alcaldía doutro proxecto político”.
Durante o debate a popular tamén enumerou moitas das “incoherencias” que comete o goberno local: “protestan polo arranxo da rotonda do barrio de A Ponte cando permitiron a tala de árbores na rúa Montevideo; manifestan o apoio ás manifestacións do persoal de limpeza pero nada se sabe do convenio propio para as traballadoras e traballadores do Concello co que se mellorarían as súas condicións. Piden celeridade nas obras da Intermodal cando prorrogan as súas; aplican subas aos seus salarios e aos impostos dos lucenses pero eles non actualizan as subvencións a entidades sociais.
De hecho, una entidad importantísima, Cáritas leva dez anos cobrando o mesmo importe de 9.000€ de axudas e neste momento ainda acaban de cobrar a axuda concedida do ano 2023
Presumen de pronto pago pero aos proveedores de San Froilán xa lles están advertindo que non van cobrar ata marzo. Tampouco teñen palabra nin respectan os compromisos adquiridos en alusión a que nada se sabe do aparcadoiro do Carme.
A popular agradeceu o traballo realizado polo equipo do Grupo Municipal destacando as 66 proposicións que se presentaron a pleno (11 aprobadas); as 125 preguntas e outros tantos rogos así como as 479 preguntas e 136 rogos que se elevaron a comisións. Ademáis se convocaron 2 plenos extraordinarios sobre as obras do centro e a comisaría da policía nacional. Ademais dende o grupo popular dispoñemos dunha canle aberta de participación á cidadanía así como dun boletín trimestral para fomentar a participación cidadá. Elena Candia concluía “sempre digo que a oposición ten un papel importante pero, honestamente, creo que no concello de lugo é imprescindible”.
A popular tamén enumerou todos os proxectos que a Xunta de Galicia lidera no Concello de Lugo no que contamos grazas ao seu esforzo e compromisos con dotacións reformadas na Milagrosa, un barrio renovado en solitario polo goberno autonómico na Residencia. Continúa o investimento nos centros educativos, avanza o desdobramento do corredor e partida específica para o Cuartel de San Fernando; adxudicar a obra para eliminar as humidades da Catedral.
A popular tamén agradeceu o apoio na ampliación do polígono das Gándaras; o apoio ao primeiro centro de día de autismo da provincia; ás explotaciones agrarias coa ampliación de planes de mellora e incorporación de mozos; á renovación do Anxo Carro e a súa colaboración co tecido social deportivo e cultural para ter unha cidade dinámica apostando por un modelo de cidade pensado nas persoas.