Sen categoría

Elena Candia reivindica a oposición do concello de Lugo como “imprescindible” fronte a un goberno sen prioridades claras

By 30 Decembro, 2024Sin comentarios
  • Os populares poñen en valor o acordo unánime na proposición para que o concello ceda os terros á Xunta para facer o centro de saúde do Sagrado Corazón
  • Os concelleiros do PP ausentáronse do pleno, durante a votación dos recoñecementos de crédito, a modo de protesta simbólica para rexeitar as prácticas oscurantistas do bipartito: 15 minutos antes do pleno o PSOE e o BNG presentaron a aprobación facturas, por un importe de 150.000 €, que estaban sen pagar

 Este feito motivou que os concelleiros do Grupo Popular abandonasen o salón de plenos xusto no momento que se ían votar varios recoñecementos extraxudiciais en sinal de protesta por esta forma de actuar do goberno local.

É insultante que en tan só 15 minutos antes de iniciar a sesión, nos trasladen que incorporan un novo recoñecemento de crédito con 35 facturas.

Esta forma de proceder é inadmisible e reflicte unha preocupante falta de transparencia que lamentablemente se converteu na norma neste Concello. Os datos falan por si mesmos: en 2024 aprobaron 31 recoñecementos por un importe total de 4,6 millóns de euros, dos cales 3,7 millóns contan con reparos de legalidade.

 

Oposición imprescindible

 

Ninguén lle quede dúbida de que o PSOE e o BNG están máis preocupados por facer oposición que por resolver os problemas reais da cidade ou traballar para Lugo. Cando iso ocorre, significa que temos un goberno que non ten ben definidas as súas prioridades e que dedica o seu tempo e enerxía no que non debe.

 

Por iso, a oposición que é unha peza fundamental en todas as corporacións pero con este escenario no Concello de Lugo é absolutamente imprescindible.

 

Fronte aos debates provocadores e sen argumentos, que só evidencian arrogancia e falta de razón no Partido Popular mantén a súa folla de ruta sen deixarnos despistar: un modelo de cidade no que as persoas están no centro.

 

E nese senso hoxe trouxemos ao pleno propostas para mellorar a vida dos lucenses porque seguimos traballando pensando no Lugo que queremos para 2025.

 

Proposicións, rogos e preguntas:

 

A voceira popular puxo en valor o acordo unánime acadado na proposición para que o Concello de Lugo ceda á Xunta de Galicia a parcela do antigo colexio do Sagrado Corazón para que se inicie a construcción do Centro de Saúde, mellorando así a atención sanitaria da zona. Aceptamos a emenda que incorporou o PSOE.

 

PSOE e BNG rexeitaron: A posta en marcha dun Plan de Dinamización do Comercio Local coa excusa de que xa están traballando nelo; o uso fóra horario lectivo das instalacións deportivas dos colexios de Lugo e a rebaixa da rodaxe.

 

Outras cuestións que para o PP son inexplicables é que non dan explicacións sobre os aparcadoiros das Gándaras; que non se avanza nos nos aparcamentos express na contorna as farmacias pese a que hai un compromiso de hai meses do goberno local … .

 

Os populares recriminan que presuman de ser  un goberno progresista cando ainda non publicaron as axudas para as entidades sociais do ano 2024  “siguen sendo esquecidas e non se lles van compensar as axudas”.

 

Goberno con prioridades equivocadas

 

Tralo debate Elena Candia reivindicaba o papel da oposición no concello de Lugo como imprescindible e reclamaba que os acordos unánimes que se van conseguindo con moito esforzo non debe quedarse en papel mollado. Deben executarse.

 

A popular tamén manifestou que socialistas e nacioanlistas están máis preocupados por facer oposición que por resolver os problemas reais. Cando iso ocorre, significa que temos un goberno que non ten ben definidas as súas prioridades e que dedica o seu tempo e enerxía no que non debe.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies