Sen categoría

Elena Candia: “Unha política fiscal axeitada, con rebaixas de impostos ás economías familiares, favorece a recadación”

By 19 Decembro, 2024Sin comentarios
  • Con esta reflexión a voceira popular presentou unha proposición para ao pleno de decembro na que solicita que se estude rebaixar o imposto de rodaxe xa que, neste momento, o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica en Lugo é un dos máis caros de Galicia 

A popular poñía un exemplo gráfico para demostrar esta proposición: en Lugo por un vehículo tipo de entre 16 e 19 cabalos págase 154, 72€ de rodaxe, mentres en concellos como Palas, a mesma taxa é de  93,46€. Esta diferenza leva a que moitos veciños opten por censar os seus vehículos fóra de Lugo.

 Segundo datos de Aprevar 3.000 vehículos están censados noutros concellos, o que supón unha perda de ingresos estimada en  300.000€ anuais. De feito a voceira destacou que, por intentar recadar 464.000€ con impostos altos, Lugo acaba sen ingresar nada porque os veciños optan por tributar noutros mucipios.

Esta política de suba de impostos leva a que nunca se acaden as previsións orzamentarias do goberno xa que dende o ano 2021 a previsión foi de recadar 6M€ por este imposto e nunca alcanzou nin os 5M€.

OUTRAS PROPOSICIÓNS

  1. Cesión Parcela Novo Centro de saúde no barrio do Sagrado Corazón

Propoñemos que o Concello de Lugo poña de inmediato á disposición da Xunta de Galicia a parcela do antigo colexio do Sagrado Corazón para que se inicie a construcción deste centro, mellorando así a atención sanitaria da zona.

  1. Plan de Apoio ao Pequeño Comercio:

A caótica xestión do tráfico no centro da cidade, acompañada de informacións confusas e obras mal planificadas, está afectando gravemente ao pequeno comercio. Consideramos esencial a posta en marcha dun Plan de Dinamización do Comercio Local, que contemple accións concretas para apoiar aos comerciantes, reactivar a Mesa de Comercio Local como canle de cooperación coa administración.

  1. Uso fóra horario lectivo instalacións deportivas colexios de Lugo:

Instamos ao Concello de Lugo a poñer en marcha un convenio coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para abrir as instalacións deportivas escolares fóra do horario lectivo, co apoio dos Consellos Escolares e direccións dos centros educativos. Esta proposta tamén contempla a dotación de persoal cualificado e un proceso de diálogo cos centros, co fin de mellorar o uso das infraestruturas e satisfacer as necesidades da comunidade deportiva

CATRO PREGUNTAS SOBRE CUESTIÓNS RELATIVAS A FALTA DE XESTIÓN QUE AFECTAN A:

 

🔹 Infraestruturas e espazos públicos 

  1. Queremos saber cal é o resultado das xestións realizadas polo goberno local para conseguir a cesión dos terreos que ten Defensa na contorna do campo de futbol das Gándaras para acondicionar neste espazo un aparcadoiro. Hai dous meses se nos asegurou que o oficio do acrodo fóra remitido a Defensa.
  2. Tamén pedimos explicacións pola falta de iluminación na rotonda de Nadela. Queremos que o goberno local se pronuncie sobre si consideran que a iluminación debe estar apagada tal e como impón o goberno central. En caso de que opinen o contrario que xestións se fixeron para acender as farolas que hain este punto.

Atención ás entidades e organizacións sociais

  1. Dado que acaba o ano e non se sacaron as bases para as entidades sociais complicando o traballo destas asociación queremos saber se se lles vai a faciliar algún tipo de subvenión.

Cumprimento de compromisos e promesas

  1. Preguntaremos se o concelleiro de Deportes vai cumprir a súa promesa de publicar as bases de licitación para a redacción do proxecto do novo pavillón antes de fin de 2024, tendo en conta os retrasos previos na licitación..

 

CATRO ROGOS PARA:

  1. Apertura de aparcadoiros en horario de tarde: Solicitamos que se dé cumprimento ao acordo plenario unánime de setembro, no que se aprobou a apertura dos aparcadoiros do IES Virxe dos Ollos Grandes e do IES Lucus Augusti en horario de tarde.

Para que os aparcadoiros dos institutos estean dispoñibles para a veciñanza fóra do horario lectivo, resulta fundamental establecer unha regulación que garanta a súa seguridade e o bo uso unha competencia que é do concello de Lugo. É necesario definir normas que especifiquen a xestión, a responsabilidade da vixilancia e o mantemento durante o tempo de uso público. Este marco normativo asegurará que a proposta sexa viable e beneficiosa tanto para a comunidade educativa como para o conxunto da cidadanía.

  1. Reserva de PRAZAS EXPRESSde de aparcadoiro na contorna das farmacias: hai un acordo de abril no que se solicitaba ao gabinete de tráfico do Concello estudar a conveniencia de reservar prazas de aparcadoiro nas inmediacións das oficinas de farmacia. Esiximos que se informe sobre as actuacións levadas a cabo e os avances para dar cumprimento a este acordo.
  2. Apoio ao Mercadillo de Antigüidades e Coleccionismo: Pedimos que o Concello atenda as reivindicacións dos comerciantes do Mercadillo de Antigüidades e Coleccionismo, que dinamizan o turismo e a economía do casco histórico de Lugo. Creemos que este mercado debe recibir o apoio necesario para fortalecer o seu papel na cidade
  3. Reparación da rúa Fonmiñá: Despois de constatar que a afirmación feita polo concelleiro Mauricio Repetto no pasado pleno ordinario non se corresponde coa realidade da rúa Fonmiñá, reiteramos o noso ROGO para que se proceda a desbrozar e reparar esta vía, que actualmente se atopa en total abandono.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies