Elena Candia
Licenciada en Dereito. Completa a súa formación con outras titulacións de avogacía, xestora administrativa, corredora de seguros e mediadora. En política empezou como concelleira na oposición ata chegar á alcaldía de Mondoñedo. Foi deputada e voceira do Grupo Provincial e, en 2015, chega á Presidencia da Deputación Provincial de Lugo.
Na actualidade é Vicepresidenta do Parlamento de Galicia e Presidenta Provincial do PP de Lugo.
Cristina Sanz
Licenciada en Económicas con postgrado en "Especialización en Xestión e Dirección Comercial de Cooperativas e Pemes” e D.E.A. en Economía e Administración de Empresas.
Ex subdirectora de Investimento do Igape.
Deputada no Parlamento de Galicia.
Antonio Ameijide
Enxeñeiro civil e de Obras Públicas especializado en Transporte e Servizos Urbanos. Con experiencia de 11 anos asumindo diferentes responsabilidades no Grupo Municipal, sendo na actualidade o seu vicevoeiro. Tamén preside a Comisión de Infraestruturas do PPdG.
Javier Vázquez
Diplomado en maxisterio con experiencia de 27 anos na docencia. Neste momento é xefe de Gabinete da Casa de Galicia de Madrid. A nivel orgánico é Secretario de organización do PP de Lugo.
Flor Rubinos
Directiva da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo con máis de 23 anos de experiencia. Presidenta das asociacións ‘Rancho Grande’ en Muxa e ‘San José Polvorín’ nas Gándaras. Vinculada a accións de axuda a mulleres maltratadas no rural e persoas vulnerables.
Silvia Colmenero
Enxeñeira Superior Industrial e Graduada en Minas. É funcionaria da Xunta, na que ademais de técnica facultativa é interventora da ITV da provincia de Lugo. Tamén desempeña o cargo de Delegada do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.
Ramón Cabarcos
Director da EASD Ramón Falcón.
Este arquitecto colexiado con Postgrao en Xestión Urbanística e con Cátedra de Ensinanzas artísticas é autor, entre outras, dunha publicación sobre desenvolvemento urbanístico da cidade de Lugo. Doutor en Humanidades.
Agustín Gallego
Empresario del sector de servicios sociais (Yelpa Gal SLU). Curso Superior Universitario na Especialización en xestión pública e xestión privada de servizos sociais y sanitarios. Militante da Asociación Cultural Lugo Sempre.
Aurora Goás
Médico de medicina familiar e comunitaria. Na actualidade traballa na unidade de hospitalización a domicilio e na de Coidado paliativos do Hula.
Gustavo Díaz
Licenciado en dereito. Membro da Asociación Española contra o cancro e voluntario na pastoral de migración de Lugo e eventos para a dar visibilidade á realidade migratoria.
Mar Caballas
Licenciada en socioloxía; Master Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos e graduada de Relacións Laborais e Recursos Humanos. Encargada do departamento laboral nunha asesoría. Na actualidade é concelleira do Grupo Municipal e membro da Comisión Permanente de Igualdade do PP de Galicia.
Damián Carballo
Xove empresario do sector da hostalería. Vinculado ao mundo do deporte e partícipe activo do Arde Lucus. Será responsable das áreas de Educación e Xuventude.