Urbanismo

By 11 julio, 2019julio 24th, 2019No Comments

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, presentou esta mañá en rolda de prensa unha nova iniciativa que o seu grupo levará ao próximo pleno, neste caso, unha iniciativa para garantir a seguridade e a reposición da legalidade no Garañón.

Antonio Ameijide explicou que hai poucos meses que o Grupo Popular acordou con outros catro grupos, entre eles o BNG, unha proposta para que por parte do Concello de Lugo se iniciara, con medios propios, un estudo de alternativas para a tramitación da modificación puntual da Unidade de Actuación CS-5 na que como criterios prioritarios se fixasen:

  1. A menor incidencia económica posible para as arcas municipais.
  2. A conversión en zona verde da maior superficie posible.
  3. menor impacto visual da edificabilidade resultante no caso de que esta edificabilidade exista

Neste senso, o vicevoceiro popular explicou que “imaxinamos que o BNG apoiará de novo a proposta” porque non tería sentido que hai meses o fixese e agora, por formar parte do goberno local, “cambiase de postura, porque o único que significaría iso é que seguen sendo unicamente as muletas do PSOE, meros títeres políticos en mans dos socialistas”.

Antonio Ameijide puxo sobre a mesa que “Lugo e os lucenses non podemos esperar máis” para que se cumpra a sentenza do TSXG, que data xa do ano 2016. sobre todo, tendo en conta as noticias que todos puidemos ver nos medios de comunicación nos últimos días, “nas que se facía referencia á falta de seguridade neste edificio en construción”.

Por iso mesmo, o concelleiro popular sinala que os lucenses “non podemos agardar máis”. “Nas condicións que se atopa este edificio, inacabado, é un grave perigo para calquer persoa que entre xa que hai zonas sen pechar que son un risco”, explicou.

Neste senso, un dos puntos de acordo da proposta presentada polo Grupo Municipal Popular vai encamiñada a solicitar ao goberno local que se extremen as medidas de seguridade e vixilancia, algo para o que é preciso adoptar as medidas oportunas para evitar que se acceda ao edifico do Garañón onde con frecuencia se detecta a presenza de persoas no interior.

A iniciativa do Grupo Municipal Popular tamén solicita a recuperación da Comisión Especial do Garañón, e a súa convocatoria inmediata, co ánimo de que se dea conta da situación actual do Garañón e así, entre todos os grupos, dar cumprimento do acordo do pleno con data 29 de novembro de 2018 no que se acordou “iniciar, con medios propios, un estudo de alternativas para a tramitación da modificación puntual da CS-5 (URPI 58 no PXOM) na que como criterios prioritarios  se fixen: a menor incidencia económica posible para as arcas municipais; a conversión en zona verde da maior superficie posible; o menor impacto visual da edificabilidade resultante, no caso de que esta edificabilidade exista”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies