El Grupo Popular elevará a pleno una proposición para que se inviertan los 2.368.290€ sobrantes del programa Reanima en ayudas directas a familias que más lo necesiten; también ayudas a emprendedores a fondo perdido, ayudas a autónomos y empresarios para su consolidación tras la crise del Covid así como para la modernización y digitalización de las empresas.
Tamén se solicitan axudas para entidades sociais que traballaron e están a traballar activamente para paliar as consecuencias do covid no noso municipio e que “froito da situación viron como o número de usuarios dos seus servizos medrou de xeito exponencial durante estes meses”.
O vicevoceiro popular Antonio Ameijide presentaba este plan de estímulo á economía local e ao emprendemento tras lamentar “o fiasco do Reanima” e, como proba deste fracaso, explicaba que na liña do Millón de euros para familias tan só se concederon 48.658 € o que supón “unha ridícula porcentaxe” do 4.8% do total que se traduciu en 405 axudas directas.
Con respecto aos 4 M€ habilitados para autónomos e empresas se utilizou o 64,6% da partida, outorgando 2.436 axudas por un montante de 2.583.060 €, quedando sen distribuir 1.416.940 €.
En conclusión, argumenta Ameijide o Plan Reanima acumula un sobrante que supón unha porcentaxe do 47,4%, por este motivo, podemos dicir que “o plan non funcionou, non cobriu as necesidades da sociedade lucense e como xa anunciaramos dende o PP, non se adaptaba á realidade”.
O vicevoceiro popular invitaba ao goberno local a reflexionar sobre a necesidade de mellorar as bases dunha segunda edición do Reanima porque “as porcentaxes do concedido demostran que o importante non é a idea senón a súa execución e, no caso do concello de Lugo, observamos como teñen graves problemas para xestionar”.
O popular explica que “os socialistas se conforman con dicir que foron os pioneiros dun programa deste tipo, pero ser os primeiros non significa ser os mellores, como así se demostrou”. “Non foron capaces de xestionar o programa, e se retrasaron meses en aboar as axudas xa que acaban de empezar a facer os ingresos polo que a maioría dos beneficiarios siguen sin cobrar”.