CulturaInfraestructuras

El PP insta al gobierno local a licitar la cafetería de la Vieja Cárcel más de 4 años después de su inauguración

By 21 agosto, 2021No Comments

El vicevoceiro del Grupo Municipal Popular Antonio Ameijide no entiende la negativa reiterada del gobierno local a licitar en condiciones reales del comprado esta dotación después de tres intentos fracasados para adjudicar la cafetería, algo que debería hacer reaccionar tanto la socialistas como nacionalistas, pero parece que no aprenden de los errores del pasado

Máis de catro anos despois da inauguración do Vello Cárcere a cafetería deste centro cultural segue pechada, seguramente, pola incompetencia e falta de traballo do goberno local, que segue sen licitar uns pregos minimamente interesantes para que calquera hostaleiro de Lugo se decida a optar a esta concesión.

Para o vicevoceiro municipal do Partido Popular urxe que tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo se poñan a traballar para que o goberno local saque a licitación a cafetería do Vello Cárcere, un servizo que leva pechado dende que se inaugurou este centro cultural hai máis de catro anos.

Para os concelleiros populares os problemas desta adxudicación nacen dunha mala planificación. Antes o principal problema era que a cafetería non contaba cunha entrada independente do que é o centro cultural, pero agora, que xa a ten dende hai varios meses, “non entendemos porque non se saca a licitación os novos pregos para que un dos mellores miradoiros que temos en Lugo abra as súas portas a lucenses e turistas”. “A solución pasa pola licitación dos pregos para a súa adxudicación e posterior apertura, sobre todo despois de comprobar que xa se realizaron as obras para dotar dunha entrada independente á cafetería”, sinalou.

Ameijide insiste en que “hai decenas de hostaleiros desexando puxar pola xestión e senón o fan é porque as tres convocatorias que se fixeron estaban fóra das necesidades do mercado e non permitían abrir no horario real da hostalería”. Por este motivo, o popular reclama unha nova licitación da cafetería do Vello Cárcere “cunhas condicións realistas e adaptadas ao sector hostaleiro de forma que o servizo preste unha atención cun horario axeitado que permita que o hostaleiro o xestione”.

Ante a inacción do goberno local, o concelleiro popular explica que non se descarta pedir acceso á cafetería do Vello Cárcere para comprobar in situ en que estado se atopa, xa que nestes máis de catro anos que leva pechada ao público hai instalacións e material que se puido danar, sobre todo despois de ver como as únicas persoas que poden visitar este centro son aquelas que queren PSOE e BNG, como os políticos golpistas cataláns con Gabriel Rufián á fronte.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies