InfraestructurasUrbaserXestión

2 años después o Castiñeiro sigue esperando que el concello haga la permuta de terreos para desarrollar nuevos servicios en el barrio

By 21 enero, 2025No Comments

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo reclama ao goberno local que acelere os trámites necesarios para facer efectiva a permuta dos terreos do Castiñeiro, acordada hai case dous anos. O intercambio de terreos desbloquearía a situación da parcela na que inicialmente se proxectaban vivendas públicas e permitiría desenvolver novas dotacións para o barrio
Mar Carballas, lembrou que o acordo xurdiu tralas demandas da veciñanza do Castiñeiro, que reclamaba máis servizos para a súa zona. A popular lamenta que, a estas alturas, sigamos agardando por esta permuta recriminándolle á alcaldesa que en varias ocasións, a última en decembro durante o debate do estado da cidade, asegurase que esta operación sería INMINENTE.
O Partido Popular subliña a importancia de dotar ao Castiñeiro de servizos que melloren a calidade de vida dos seus residentes “pedimos xestión e axilidade. Non podemos permitir que un acordo tan importante para o barrio quede no esquecemento”, afirmou a concelleira popular.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies