El Partido Popular consigue el apoyo de la corporación para que Lugo se sume al programa de viviendas vacías para destinarlas a alquiler social.
Texto Completo
Entre as medidas adoptadas está o Plan Rehavita, Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020. Un plan que ten como primeiro eixo de actuación o “acceso á vivenda” a través de diferentes programas. Entre eles, recóllese o Programa de Vivendas Baleiras co que se pretende mobilizar as vivendas baleiras existentes en Galicia, calquera que sexa o seu propietario, para destinalas a alugueiro social. Este Programa de Vivendas Baleiras desenvolverase en colaboración cos Concellos, que serán os encargados de propoñer as vivendas que se poidan incorporar así como os adxudicatarios das mesmas, sempre respectando os requisitos establecidos.
A Xunta de Galicia vén de autorizar o convenio coa Federación Galega de Municipios de Provincias polo que a Fegamp difundirá entre os Concellos a creación deste Programa e promoverá a súa incorporación ao mesmo.
Pola súa parte, a Xunta comprométese a proporcionar para as vivendas que se incorporen un seguro multirrisco do fogar e un seguro da garantía do cobro da renda.
Os Concellos que desexen participar no Programa de Vivendas Baleiras deberán adherirse ao mesmo asinando o correspondente acordo de adhesión.
Tendo en conta esta iniciativa e a implicación que un Concello como o noso debe ter na protección do dereito constitucional a unha vivenda, o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:
- Dar os pasos necesarios para adherirse ao Programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia, para o cal asinará o acordo de adhesión previsto no convenio da FEGAMP.
- O Concello proporá á Xunta a inclusión no Programa das vivendas de propiedade municipal que no se atopen ocupadas e que estean en condicións ser habitadas.
- O Concello xestionará a incorporación ao Programa de vivendas propiedade de terceiros que se atopen desocupadas e en condicións de ser habitadas.