Proposiciones

Puesta en valor 3 Patrimonios Humanidad Lugo/ 28.04.16

By 29 abril, 2016mayo 2nd, 2016No Comments

Pese a los votos en contra de PSOE y BNG conseguimos que el resto de los grupos apoyen crear un órgano para potenciar los tres bienes que tenemos en Lugo Patrimonio de la Humanidad.

Texto Completo


A cidade de Lugo conta con tres declaracións Patrimonio da Humanidade, a Muralla Romana, a Catedral, e o Camiño Primitivo, esta tripla distinción convértea nun dos Concellos máis distinguidos de España, o que obriga ás institucións públicas aínda máis se cabe, a reforzar as tarefas de vixilancia, conservación, protección e fomento do seu estudo.

Unha forma de poñer en valor os tres bens Patrimonio da Humanidade sería a través da creación dunha Mesa de Traballo formada por representantes de diferentes Administracións Públicas, así como por persoas expertas na materia, entre outros, os investigadores Don Ricardo Polín e Don Adolfo de Abel Vilela que realizaron valiosas traballos sobre o noso patrimonio como por exemplo sobre o Camiño Primitivo.

Esta Mesa de Traballo tería diversas funcións como son as de expor as medidas necesarias para a súa conservación e mantemento, executar as accións necesarias para a restauración ou rehabilitación dos diferentes elementos patrimoniais establecendo prioridades e normas ou supervisando actuacións, fomentar a investigación nas distintas manifestacións do patrimonio, ademais da difusión destes traballos para achegar o coñecemento do patrimonio histórico á sociedade no seu conxunto.

Por todo elo o Grupo Municipal del Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

Crear unha Mesa de Traballo na que se invite a participar a representantes da Xunta de Galicia, Deputación Provincial, Obispado de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela, expertos na materia como Don Ricardo Polín e Don Adolfo de Abel Vilela, e Asociacións como a de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo, para coordinar os traballos de recuperación, mantemento e posta en valor dos tres bens Patrimonio da Humanidade como son a Muralla Romana, a Catedral e o Camiño Primitivo no tramo do Concello de Lugo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies