Los populares desvelaron que la Valedora del pueblo reclamó en septiembre que socialistas y nacionalistas le “facilitaran información sobre los problemas que motivaron la queja de una lucense, de esta parroquia lucense, que denunció que se privó la cuatro vecinos de esta mejora en la vía de acceso sus viviendas”
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular asegura que o rural de Lugo é outra vítima dos desencontros entre PSOE e BNG nesta ocasión a conta da fala de delimitación de competencias. A denuncia dunha veciña a quen lle deixaron sen asfaltar o acceso de catro vivendas chegou ata a Valedora do Pobo quen vén de requerir información ao goberno local para que “faciliten información sobre os problemas que motivaron a queixa dunha lucense”.
O caso de Piugos, denunciado polo PP, consiste en que “nos dous proxectos que se fixeron aos accesos a Pena de Mula, na parroquia de Piugos, non se planificou o asfaltado en quente dun treito de 150 metros que da aceso a catro vivendas”. A obra foi feita polo departamento de vías e obras, que depende do BNG, pero á hora de resolver a cacicada o afectado ten que dirixirse a medio rural, que depende do PSOE.
Para o concelleiro popular Manuel López “os conflictos entre áreas de distinto signo político veñen a ser como os cambios de marcos que se fan no rural, neste caso, para ampliar ou reducir a súa parcela de poder”. O popular quere que, dunha vez por todas PSOE e BNG, aclaren “onde e de quen son os marcos” preguntándose se “os cambian de noite ou de día” en alusión á necesidade de marcar os lindes con precisión para evitar as molestias aos veciños, tal e como sucedeu nesta obra municipal de Piugos.
Dende o Grupo Popular reclamarán acceso ao informe que ten que elaborar o concello de Lugo para facer un seguimento da reclamación que vén de facer a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño.