Nesta sección podes atopar os documentos necesarios para presentar a túa alegación. Fai valer os teus dereitos!

Instrucións:

1. Descargar o documento
2. Imprimir
3. Cubrir cos datos necesarios
4. Presentar por rexistro de maneira presencial no Centro de Servizos Municipais (Ronda da Muralla, 197) ou telemática a través da sede electrónica de www.lugo.gal

→ ORDENANZA IBI 

 Escrito de alegacións perante a modificación ordenanza fiscal número 203 reguladora do imposto sobre bens inmobles, no senso de que se aplique unha bonificación que compense e reverta o inxustificable incremento fiscal que supón a aprobación da devandita ordenanza nas áreas de expansión de núcleo rural tradicional.

O Prazo de presentacións de alegacións remata o 13 de novembro.

DESCARGAR ALEGACIÓN ORDENANZA IBI

→ ORDENANZA PLUSVALÍA

Escrito de alegacións perante a modificación da ordenanza fiscal núm. 201 reguladora do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, no senso de que se aplique unha bonificación que compense e reverta a aparición dun feito impoñible (antes inexistente) que supón a aprobación da devandita ordenanza nas áreas de expansión de núcleo rural tradicional.

O Prazo de presentacións de alegacións remata o 13 de novembro.

DESCARGAR ALEGACIÓN ORDENANZA PLUSVALÍA