El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide no entiende que Lara Méndez se eche ahora las manos a la cabeza y culpe a otros de que en Lugo no haya playa fluvial, cuando fue encadenando errores en cada trámite e, incluso, en los últimos meses obvió un informe del Servicio de Conservación de la Naturaleza en el que le pedían corregir seis aspectos fundamentales, de los que solo solucionó uno
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, afirmou que a escusa que Lara Méndez puxo hoxe para non dotar a Lugo dunha praia fluvial “non é algo que nos colla por sorpresa” xa que nos últimos dez anos “por desgraza xa nos acostumamos a todo tipo de mentiras e escusas” para non facer a zona pública de baño.
Antonio Ameijide lamenta que o goberno socialista de Lara Méndez empregue máis tempo en buscar escusas en lugar de “traballar” para que Lugo e os lucenses poidamos desfrutar da zona pública de baño. O voceiro popular asegura que mentres os socialistas acusan directamente á Xunta de boicotear a praia fluvial, o que fixeron foi deixar claro que “son uns verdadeiros incompetentes e están totalmente incapacitados para gobernar Lugo”.
O popular explica que o proxecto presentado polo equipo de Lara Méndez ten “innumerables deficiencias”. Ameijide explica que a Xunta se preocupou porque se cumpriran todos os requisitos legais e realizou un informe no que se enumeran todas as deficiencias do proxecto socialista para a praia fluvial e así as puideran subsanar. Presentaron o estudo batimétrico sen datas de realización e no que non se fala dos caudais que tería o río en época de estiaxe, polo que non se pode afirmar que as piscinas que Lara Méndez quere colocar no río sexan posibles nesa ubicación.
Ademais, o proxecto presentado por Lara Méndez “é tan pobre” que nin o dotaron de aparcadoiros públicos, esqueceron os accesos para discapacitados, dotar a zona de vestiarios, baños públicos ou unha cafetería ou un posto de venda de bebida e comida. Tamén obviaron no proxecto calquer tipo de seguridade nin a súa ubicación, como tampouco concretaron que pasaría en caso de producirse unha repentina crecida do nivel do río, xa que non indicaron se os anclaxes das piscinas soportarían un aumento no nivel e forza da auga ou como retiralo con rapidez. Incluso, esqueceron incorporar calquer tipo de medida para protexer a calidade da auga do río nin como serían as obras ou se afectarían ás especies animais e vexetais do río.
O voceiro popular explica que o Servizo de Conservación da Natureza da Xunta lle remitiu ao goberno local, a comezos de ano, “seis puntos a corrixir” no proxecto da praia fluvial, e “para a nosa sorpresa” no seguinte proxecto non solucionar cinco das seis deficiencias comunicadas o que “desacredita totalmente” as escusas socialistas nas que culpa ao goberno autonómico de impedir a creación da zona pública de baño.
Antonio Ameijide asegura que “é incomprensible” que “Lara Méndez se bote agora as mans á cabeza” xa que os numerosos inconvintes que non a autorizan a crear a praia fluvial en Lugo “tamén llos comunicamos nós nos últimos meses e tampouco nos fixo caso”. O voceiro popular engade que “Lara Méndez foi incapaz de xestionar calquer asunto relacionado coa praia fluvial, ata o extremo que dende o PP lle tivemos que avisar de que presentaba un proxecto no que situaba a praia fluvial a 800 metros da zona anunciada porque non foi nin capaz de revisar o proxecto”.
O popular asegura que os socialistas están incapacitados para lamentarse agora porque “nunca tiveron interese” en que Lugo teña unha praia fluvial. Ameijide asegura que os lucenses “levamos” 10 anos escoitando “mentira tras mentira” dos socialistas no que se refire á praia fluvial.
Antonio Ameijide asegura que se Lara Méndez realmente tivera interese en dotar á cidade dunha praia fluvial tomaría como referencia o traballo realizado por concellos limítrofes con Lugo, como o Corgo ou Outeiro de Rei, nos que hai praia fluvial. “Non é admisible ningunha escusa máis. Levamos 10 anos de mentiras, 10 anos nos que os veciños do Corgo viron como podían desfrutar dunha praia fluvial, dunha piscina pública e escoitar novos anuncios para crear novas instalacións”, afirmou o popular.
O voceiro popular asegura que se Lara Méndez non sabe como facer a praia fluvial pode, incluso, preguntarlle a Darío Campos, xa que no concello da Pontenova hai unha zona pública de baño.