Economíatransparencia

Ameijide: “Lara Méndez estrenó la campaña 2018 de reparos de legalidad pagando más de 2M€ a empresas sin contrato”

By 1 marzo, 2018No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide denuncia que en un año la alcaldesa multiplicó por 53 el coste del primer pago con reparos de legalidad, al pasar de los 42.569,60€, que fue lo que se pagó en el primer decreto con reparos del año 2017, a los 2.278.572,72€ que acaba de pagar

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia que o Concello de Lugo “estreou” a campaña de pagos con reparos de legalidade “por todo o alto” cun decreto no que se abonan 2.278.572,72€. Ameijide pon en dúbida a xestión económica de Méndez e o seu equipo xa que, de novo, queda en “evidencia” sobre todo comparando o primeiro decreto de pagos con reparos de legalidade do ano 2017 e o do ano 2018, xa que se multiplicou por 53 a cantidade a pagar (pasa de 42.569,60€ a 2.278.572,72€).

O voceiro popular recorda que no ano 2017 o goberno socialista de Lugo xa pagou máis de 20M€ (20.562.861,19€) e a tenor do primeiro decreto que asinaron neste ano “poden asinar un novo récord” de pagos con reparos de legalidade durante o 2018. Ameijide explica que a progresión dos pagos con reparos no Concello de Lugo “é alarmante” xa que se pasou dos 9.635.362,79€ no ano 2016 aos máis de 20M€. Unha situación “gravosa” para as arcas municipais que os socialistas se empeñan en “amparar” co seu xeito de actuar.

Unha situación que, segundo Antonio Ameijide, deriva no “tirón de orellas” que o Consello de Contas de Galicia lle deu Lara Méndez e o seu equipo de goberno pola súa xestión en materia. No propio informe de fiscalización do Consello de Contas ditamínase que a contratación en Lugo configúrase como “área de risco na xestión da entidade”. O popular recorda que “de non cambiar de actitude e modificar esta tendencia” pode que nos próximos informes deste órgano autonómico “Lugo sexa declarado zona catastrófica en materia de xestión económica”.

Antonio Ameijide asgura que Lara Méndez é a culpable de empeorar a situación económica do Concello xa que a todo o anterior hai que engadir as 8.463 facturas pendentes de pago a empresas e autónomos coas que o Concello de Lugo pechou o ano de 2017. Facturas por un valor de 12M€. Ademais, o popular recorda que os socialistas tardan unha media de 90,26 días en abonar facturas, unha cifra moi superior á que estipula a lexislación vixente. “Lara Méndez converteu a Lugo na cidade de Galicia que peor paga e situouna entre as peores de España”, afirmou o voceiro popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies