Economíatransparencia

Ameijide: “No nos temblará la mano para llevar a la justicia el bloqueo de los 22 contratos caducados”

By 26 abril, 2018abril 27th, 2018No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide aconseja a las empresas y autónomos que trabajan para el Concello que “miren bien” con quien contratan sus servicios porque contratando con el gobierno de Lara Méndez, con su forma de actuar, corren “el riesgo de no cobrar por los trabajos realizados al Concello”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, aconsella aos autónomos e empresarios que traballan para o Concello de Lugo que “miren ben con quen contratan” porque “corren o risco” de non cobrar polos servizos que lle prestan ao Concello. Así o dixo o voceiro popular que acusou a Lara Méndez e ao seu equipo de goberno de “xogar co pan” dos autónomos e os empresarios, e os seus empregados, ao poñer en risco que poidan cobrar polos servizos prestados.

Antonio Ameijide lamentou que os socialistas se permitan “o luxo” de poñer o Concello de Lugo ao borde da intervención por parte do Ministerio de Facenda, ao incumprir “reiteradamente” o período medio de pago a provedores, que se sitúa por enriba dos 100 días.  Por iso, o voceiro popular advertiu a Lara Méndez que pode chegar o día no que os grupos da oposición non poidamos ser máis permisivos ou peor, que o xulgado teña que actuar poñendo freo a esta espiral de pagos que bordean a legalidade ou a saltan directamente.

O popular recorda que Lara Méndez terá que volver aos xulgados a declarar en calidade de imputada por un suposto delito de malversación e é coñecedora de que o Grupo Popular presentou un dossier con toda a información relativa a outro proceso do que, “de acordo cos nosos asesores xurídicos, entendemos que podería incorrer nun presunto delito de malversación ou prevaricación”.

Ameijide afirma que “non nos tremeu a man” á hora de poñer esa información en coñecemento do xulgado, “como non nos tremerá para poñer en coñecemento da xustiza a situación de alegalidade e, sobre todo, a falta de ganas de regularizar esta situación” por parte dos socialistas, ademais agora hai informes de técnicos municipais que acreditan a “total pasividade deste goberno local” para devolver á legalidade servizos que levan dende o 2011 sen contrato.

O popular destacou que cando Lara Méndez chegou á alcaldía herdou un Concello con 6 contratos caducados e “non só non readxudicou ningún, se non que deixou caducar 10 máis, ademais de ter outros 6 sen contrato”. Polo tanto, 22 servizos sen contrato no Concello de Lugo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies