Antonio Ameijide explica que en los primeros tres meses del año cualquier persona que realizó una petición de licencia en Lugo vivió una auténtica odisea ya que para construir, rehabilitar o reformar una vivienda o nave en Lugo tuvo que esperar 19 meses de media para obtener respuesta a la petición, siendo la espera media en la ciudad de 328 días y en la zona rural de 879 día
Por moito que Lara Méndez tente lavar a imaxe da súa nefasta xestión á fronte do Concello de Lugo os datos son demoledores para a rexedora, tal e como se desprende dos datos de licenzas do primeiro trimestre do ano.
Nos primeiros tres meses de 2023 a espera media para resolver unha solicitude foi de 581 días, un dato moito máis elevado que no mesmo período de 2022, cando a espera media foi de 537 días.
Antonio Ameijide reafirma que, como de costume, “son datos moi preocupantes” xa que falamos de que tan só 1 das 62 licenzas (o 1%) resoltas no primeiro trimestre de 2023 (34 petición na zona urbana e 28 na zona rural) foi dentro do prazo legal de 90 días.
Antes de seguir explicando os datos de resolución de licenzas, o vicevoceiro popular recorda que toda a información extráese das actas das xunta de goberno local, polo que “o goberno local non pode negar estes datos, salvo que nas actas oficiais mintan”.
Durante o primeiro trimestre de 2023, os lucenses que pediron permiso para construír, rehabilitar ou facer obras de conservación ou reforma dunha vivenda no municipio tiveron que esperar 581 días de media para ver como se resolvía a súa petición. Na zona urbana a espera media foi de 328 días, mentres que na zona rural a espera media disparouse ata os 879 días.
Antonio Ameijide afirma que estes reiterados incumprimentos legais provocan un colapso da economía, xa que cada expediente resolto supón de media un investimento de 152.309,88€ (o investimento total foi de 7.463.184.11€ nestas 62 licenzas), un dato que, multiplicado polos centos de peticións que Lara Méndez e Rubén Arroxo teñen parados en caixóns municipais, supón “preto de 70 millóns de € de investimentos privados bloqueados”.
Data do primeiro informe
Antonio Ameijide pon sobre a mesa este dato, que non é menor, xa que é imposible que o Concello de Lugo cumpra co prazo legal para resolver unha petición de licenza en menos de 90 días se o prazo medio para obter o primeiro informe é de 419,05 días (13 meses).
“Os datos son demoledores” sentencia Ameijide, que acompaña esta afirmación de que “é inadmisible que tras oito concelleiros de urbanismo; despois de nomear a un coordinador para a área de Urbanismo e despois de designar a un novo xefe de servizo Lugo sexa unha liña vermella para moitos emprendedores que optan por localizacións próximas ao municipio para asentar as súas empresas”.
Estes datos son “moi negativos” para a economía lucense, pero tamén “o mellor argumento para rebater o triunfalismo do que fan gala Lara Méndez e Rubén Arroxo”, xa que a única realidade para os lucenses e as persoas que queren investir en Lugo son as complicacións, trabas e atrasos para conseguir licenza de obra maior.
“Queda demostrado, unha vez máis, que tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo son un verdadeiro lastre para Lugo e os lucenses, sendo a realidade que Lugo en lugar de subir en poboación, baixa”, finalizou o popular.