ProposicionesServicios sociales

Apoyo unámime del pleno para sumarse a la Red Gallega contra la Violencia de Género

By 27 julio, 2017No Comments

Conseguimos que todos los grupos de la corporación municipal de Lugo diesen su apoyo a la iniciativa del Grupo Municipal del Partido Popular para que el Concello se una a la Red Gallega de Entidades Locales contra la Violencia de Género.A Secretaría Xeral da Igualdade, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, ten encomendado o desenvolvemento de actuacións integrais encamiñadas á prevención e á erradicación da violencia de xénero.

Pola súa banda, os concellos teñen entre as súas funcións levar a cabo actuacións e servizos dirixidos especificamente ás mulleres para fomentar o principio de igualdade e desenvolver accións e programas para a prevención e a eliminación da violencia exercida sobre as mulleres.

Tanto a Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, como a Lei galega 11/2007, do 27 de xullo, para a Prevención e o Tratamento Integral da Violencia de Xénero recoñecen o ámbito municipal, pola súa proximidade á cidadanía e polo coñecemento da situación específica da súa poboación, como o idóneo para o desenvolvemento de accións tendentes a garantir a igualdade entre mulleres e homes, de prevención e erradicación da violencia de xénero e, establecen que a Administración Autonómica colaborará coas Entidades Locais para estes efectos.

Por todo isto, entendemos que o Concello de Lugo debe asumir unha maior responsabilidade no desenvolvemento de accións de colaboración e coordinación, tanto técnica como interinstitucional, co obxecto de procurar unha maior eficiencia na resposta ante a grave vulneración de dereitos que supón a violencia de xénero.

Nese senso, as mesas locais de coordinación interinstitucionais contra a Violencia de Xénero son un instrumento operativo no que están representados todos os ámbitos municipais implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero, co obxecto de promover, no ámbito municipal, políticas e actuacións para a erradicación da violencia de xénero.  Así mesmo cabe recordar que no ano 2012 se creaba, a rede Galega de entidades locais contra a violencia de Xénero a través dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade e la Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Esta rede ten como obxectivo promover e apoiar proxectos de prevención da violencia machista e detención precoz de situacións de risco, mobilizando e implicando a toda a sociedade fronte o maltrato e xeneralizando a tolerancia cero contra as persoas agresoras.

Instar ao Concello de Lugo a:

  • Adherirse á Rede Galega de entidades Locais contra a Violencia de xénero creada no 2012 pola Secretaría Xeral de Igualdade e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)
  • Crear en Lugo a Mesa Local de Coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero
  • Traballar no desenvolvemento de accións e plans que o concello ten pendentes en materia de violencia de xénero como a reactivación da Mesa técnica e o desenvolvemento do protocolo de loita contra a violencia de xénero e o Plan de Igualdade.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies