En Lugo hay una serie de puntos en los que se repiten las inundaciones y donde, cada vez que hay fuertes precipitaciones o trombas de agua, se inundan bajos y garajes o se apoza el agua en vías con tránsito de vehículos con el consiguiente riesgo para la seguridad vial. El mal diseño de las calles y la falta de mantenimiento son los principales motivos por los que se producen estas situaciones.
Dende o Partido Popular presentamos unha iniciativa para que se faga un mapa cos puntos negros ou críticos con risco de inundacións no municipio, e en base aos datos de intervencións de bombeiros, policía local, enxeñería, queixas cidadás… elaborar un Plan que evite que se repitan estas situacións.
En canto ao plan de actuación poderíase executar en 3 direccións:
- Análise do deseño destes puntos, plantexando a necesidade ou non de redeseño da vía.
- Estudo dos elementos de drenaxe, plantexando a posibilidade de modificacións de tamaños, formas , número de elementos e mesmo tipoloxía.
- Plan de mantemento periódico do drenaxe superficial en Lugo, reforzando o mesmo nos puntos críticos da rede de drenaxe. Mesmo sería preciso, cando haxa previsión metereolóxica de grandes precipitacións ou tormentas, levar a cabo unha revisión e reforzo da limpeza dos sumidoiros e rede de drenaxe nos puntos críticos detectados no municipio.
Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:
Que o Concello de Lugo, leve a cabo as medidas necesarias para implantar un Plan de actuacións na rede de drenaxe para evitar as inundacións en Lugo.