Aprobada, pese a los votos en contra del BNG y ACE-EU, la proposición del PP en la que se pide que se reconozca el trabajo y el talento de las mujeres a favor del municipio.
Un dos piares fundamentais na construción das políticas de igualdade é a necesidade de garantir o acceso, a permanencia e a promoción no emprego en iguais condicións de oportunidades, así como garantir a elección libre de proxecto de familia e a compatibilidade deste co desenvolvemento profesional.
A conciliación, tradicionalmente, foi entendida como un ámbito a resolver polas mulleres, tamén moitas e, aínda na actualidade, víronse na tesitura de escoller entre a súa vida profesional e a familiar.
Hoxe en día, a conciliación e a xestión de traballos e de tempos é un problema que debe ser resolto tanto polos homes coma polas mulleres e, debe ser facilitado e impulsado polas distintas administracións. A tal fin, a Xunta de Galicia ven de convocar, unha liña de axudas para as entidades locais de Galicia, cuxo obxectivo enmárcase no compromiso formal e prioritario da Unión Europea dende a entrada en vigor do Tratado de Ámsterdam, onde se recolle como un eixo fundamental e irrenunciable, a consideración da igualdade entre homes e mulleres como un obxectivo horizontal chamado a integrar a totalidade das políticas da Comunidade, o que significa a aplicación do principio de igualdade de trato nos diferentes ámbitos; isto é: a loita contra a discriminación por razón de sexo no acceso o emprego, a progresión na carreira profesional, a conciliación da vida laboral e a vida privada, e a promoción de igual remuneración por igual traballo, así como a loita contra todas as formas de discriminación e a promoción da igualdade de oportunidades.
Na Estratexia europea 2020, por un crecemento intelixente sustentable e integrador, tamén se destaca a necesidade de desenvolver políticas que promovan a igualdade entre sexos co fin de incrementar a participación da poboación laboral, contribuíndo así ao crecemento e á cohesión social.
Así pois, a liña de axudas da Xunta de Galicia ás Entidades Locais, ten por obxecto facilitar a implantación de programas e medidas de igualdade no ámbito local, como son os programas de fomento da conciliación, sempre que os seus obxectivos respondan ao fin de fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través da conciliación dos seus tempos persoais, laborais e familiares; así como os Bancos de tempo, coa finalidade de facilitarlles ás persoas un sistema articulado de intercambio destinado a subministrar servizos e/ou coñecementos, entre mulleres e homes dun contorno dado, cuxa medida é a hora de tempo.
Falamos tamén, nun chanzo máis, de corresponsabilidade, entendendo esta como a participación alícuota dos distintos membros das unidades de convivencia nos traballos domésticos e de coidado.
Por outro lado, é de vital importancia traballar na sensibilización social en relación coas vantaxes dunha organización social corresponsable e das medidas para a harmonización da vida privada e laboral, así como na paternidade responsable, exemplificado no uso de medidas e permisos de conciliación por parte dos homes, que deben ser promovidos e fomentados. Pero pese a que se teñen dado pasos por parte de todos os axentes implicados que sen dúbida contribúen a avanzar neste eido, é necesario seguir profundizando e mellorando na planificación das políticas de igualdade.
Resulta imprescindible e necesario, que o asociacionismo feminino e a administración vaian da man no traballo en prol da igualdade, e para iso deben establecerse medidas que aseguren a súa pervivencia e sustentabilidade económica e xeracional, e que faciliten as súas importantes actividades, que reverten non so as súas asociadas senón en toda a sociedade. Neste senso, é necesario tamén destacar o papel de cohesión e sonoridade destas asociacións, que constrúen e articulan auténticas redes de colaboración que reforzan e dan continuidade ao traballo colectivo en prol da igualdade.
Por todo elo, o Grupo Municipal do Partido Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:
- Instarao Concello de Lugo a:
- Profundizar na transformación dos valores que reproducen a desigualdade de xénero, a través de campañas e accións de sensibilización e información o conxunto da cidadanía sobre as vantaxes sociais da conciliación corresponsable.
- Poñer en valor e dar visibilización a contribución feminina neste concello, a través da posta en marcha dun programa anual de recoñecemento ao labor, traballo e talento das mulleres que contribuíron o desenrolo cultural, económico e social de Lugo.
- Promover unha comunicación libre de mensaxes e imaxes que reproduzan estereotipos de xénero e potenciar a transmisión de contidos que fomenten a corresponsabilidade, coa implicación dos diferentes axentes.
- Consolidar un sistema de apoios á conciliación dirixidos á atención á infancia, ao coidado de persoas maiores, persoas con discapacidade e/ou situación de dependencia en colaboración ca Xunta de Galicia.
- Así mesmo, instar ao Concello de Lugo a dirixirse á Xunta de Galicia e instala a:
- Continuar e mellorar as liñas de axuda para as Entidades Locais en colaboración ca Federación Galega de Municipios e Provincias, co obxectivo de mellorar os recursos a disposición da cidadanía en prol da Igualdade de Xénero.
- Seguir na procura do fortalecemento do tecido asociativo feminino en xeral e, moi particularmente no ámbito rural, a través de liñas de axudas e programas.
- Realizar campañas de divulgación e visibilización da contribución das mulleres galegas nos ámbitos da cultura, a ciencia, o deporte, así como noutras especialidades, como referentes necesarios para a sociedade en xeral e a mocidade en particular.