EconomíaSeguridadtransparencia

Candia asegura que “es el momento de estar con las personas y aunar esfuerzos para elaborar un plan de reactivación económica”

By 24 abril, 2020No Comments

La presidenta del PP, Elena Candia, inició con el portavoz del Grupo Popular de Lugo, una ronda de entrevistas telemáticas con los representantes del partido de los 67 ayuntamientos de la provincia “para compartir experiencias sobre cómo se vive la pandemia nos sus respectivos municipios, así como, recopilar propuestas de cada área”

A presidenta provincial do Partido Popular iniciou onte unha ronda de  encontros telemáticos cos voceiros dos 67 concellos da provincia co ánimo de coñecer, de primeira man, a situación de cada municipio nesta crise sanitaria. Candia destacou que “é moi enriquecedor recoller e aportar datos, así como compartir experiencias sobre como se vive a pandemia en cada municipio e, ao mesmo tempo, recompilar propostas de cada un dos diferentes municipios.

A primeira xuntanza virtual de Elena Candia foi co voceiro do Grupo Popular de Lugo, Ramón Carballo, ambos coincidiron na necesidade de volcarse coa cidadanía para dar resposta “na medida que estea nas nosas mans, para solucionar os problemas do día a día dos nosos veciños e veciñas”.

Os populares tamén manifestaron que “os do Partido Popular imos dalo todo, porque agora máis que nunca, é o momento de estar cos lucenses, de tender a man ás entidades sociais e ás persoas máis vulnerables”. Tanto a presidenta provincial como o voceiro popular puxeron en valor aos centos de maiores, en especial aqueles que viven sós durante esta crise sanitaria  “a sociedade non debe esquencer aos nosos maiores, debemos ser xenerosos, e ter altura de miras, poñendo  os medios que sexan necesarios para coidalos e garantir a súa proteción”

Durante este encontro telemático tamén se intercambiaron as diferentes propostas que o Grupo Municipal Popular de Lugo trasladou, nos últimos días, ao goberno local para contribuir  tanto ao impulso económico como ás necesidades do ámbito social. A presidenta provincial e o voceiro dos populares de Lugo reflexionaban sobre “o momento histórico que estamos vivindo; e sobre o reto que temos por diante:  buscar cantas oportunidades haxa para combatir esta pandemia no eido político”.

Os populares tamén  coincidiron en que é preciso planificar un programa de reactivación económica indicando que “todos podemos e debemos facer moito máis se cabe, para salir desta situación o mellor posible” comprometéndose “a deixar a pel neste empeño”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies