El candidato do Partido Popular participó esta tarde en una nueva reunión con una veintena de vecinos de diferentes barrios de la ciudad. Con accións coma esta, que se celebran en diferentes locais públicos de Lugo, o alcaldable obtén, en primeira persoa, o pulso da opinión da rúa e chequea as principais necesidades que hai en cada barrio, en cada rúa e en cada parroquia do municipio.
O formato do Café con Ramón ten unha estructura “aberta e participativa” xa que o alcaldable, tras dar a benvida aos asistentes e presentar en 10 minutos os principais eixos do seu modelo de cidade “Lugo en Marcha” pide aos veciños que den a súa opinión sobre diferentes cuestións de actualidade. O obxectivo desta fórmula de traballo é propiciar unha charla cordial durante unha hora e media aproximadamente.
Ramón Carballo explica que este formato “lle permite escoitar aos veciños e coñecer os diferentes puntos de vista sobre cuestións que nos afectan a todos”. Entre os temas que se abordaron na reunión desta tarde figuraban cuestións tan candentes como “a crispación que se vive no concello e o déficit de xestión, a mellora da limpeza e a recollida de residuos ou a seguridade cidadá, entre outros”.
Na súa exposición o alcaldable indicou que “estamos traballando en 9 áreas que van dende a mobilidade, a seguridade, medio ambiente, urbanismo, ” engadindo que “pensamos que Lugo é unha cidade que necesita activarse e ter un proxecto claro para evitar perder máis oportunidades de crecemento e futuro”.
“Con esta fórmula de traballo compartimos argumentos, matizamos e contrastamos aspectos do noso modelo de cidade” salientando que “en todas as xuntanzas hai un aspecto que preocupa á cidadanía que é conseguir sacar a Lugo da parálise na que se atopa”.
O proxecto de cidade que deseña o PP ten por obxecto “facer unha boa xestión municipal, optimizando os recursos pero priorizando a calidade de vida das persoas. En segundo lugar o proxecto, no que levamos traballando dende hai meses, pretendemos construir un modelo de cidade da que nos sintamos orgullosos. Temos que ser capaces de transmitir ilusión. Por último, queremos un municipio de futuro e oportunidades” resumiu.
O candidato popular puntualizou que, aquelas persoas que estén interesadas en participar en novas edicións do Café con Ramón ou que prefiran falar de forma persoal co alcaldable, poden quedar con el cubrindo unhas tarxetas que están na sede de Poeta Ramón Cabanillas.