Lugo en marcha

Carballo lamenta que negocios de A Milagrosa puedan cerrar por la incertidunbre de la futura reorganización del tráfico de la zona

By 13 febrero, 2019No Comments

El candidato del Partido Popular Ramón Carballo expresó su preocupación por las consecuencias que podría tener en el comercio de la Milagrosa las obras de peatonalización de la Plaza de la Milagrosa. “Un proyecto de este calibre debe realizarse con un estudio previo de impacto, así como con una alternativa definitiva para reordenar, en el futuro, el tráfico de la zona”.

“A situación actual, sen unha reorganización de tráfico, é insostible para algúns negocios que, tal e como nos manifestaron, vense abocados ao peche” subliñou. Carballo concluíu que “peonalizar non é só cortar o tráfico rodado, peonalizar é mellorar o entorno urbano onde o peón pasa a ser o protagonista e, para conseguir esta humanización, é preciso ter un modelo de cidade e non dar bandazos nin actuar a golpe de parches”.

Carballo fixo esta reflexión tras visitar onte o barrio da Milagrosa para trasladarlle aos veciños e comerciantes do barrio algunhas das propostas do modelo do Lugo en Marcha coa seguridade e a convivencia. Carballo manifestou que “coa seguridade das persoas non se xoga lamentando situacións esperpénticas como o período de tempo excesivo sen xefe de policía local tras 6 nomeamentos fallidos”.

O candidato do Partido Popular á alcaldía lucense explicou á veciñanza a súa proposta de crear unha comisaría de distrito na zona norte para “estar mellor preparados para responder ás novas realidades de Lugo”, xa que hai barrios nos que se incrementou a poboación polo que cómpre facilitar a integración. Os axentes a través do coñecemento e seguimento dos conflitos diarios dunha comunidade veciñal poden previr e achegar solucións para “mellorar a convivencia”.

Ramón Carballo tamén lle infomou a veciños e comerciantes a súa intención de aprobar unha ordenanza de convivencia se é elixido alcalde. O popular tamén manifestou a súa preocupación polos problemas de ocupacións ilegais de vivendas. Nese senso o alcaldable tamén lembrou a necesidade de crear crear unha oficina municipal de asesoramento e apoio a propietarios de vivendas afectadas por ocupacións irregulares xa que “cada vez hai máis casos en diferentes barrios da cidade”. O popular lembrou que o PSOE “inexplicablemente” votou en contra no pleno desta iniciativa, pero a pesar diso saiu aprobada e agora négase a cumprir o acordado. Nós temos claro que hai que actuar con rapidez nestes casos subliñando que, proximamente, o Grupo Popular defenderá no vindeiro pleno a necesidade de apoiar a proposición de lei contra a ocupación ilegal e para a convivencia veciñal e a protección da seguridade das persoas e cousas nas comunidades de propietarios, unha proposta que se rexistrou no Congreso dos Deputados o 31 de xaneiro

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies