- Lugo sufre las consecuencias de un matrimonio de conveniencia sin proyecto único donde tenemos a una alcaldesa socialista que quiere que Lugo sea Vancouver y la un vicealcalde que quiere que Lugo sea Pontevedra
- Ramón Carballo lamentou que o bigoberno PSOE-BNG nin escoita, nin da participación e é experto en políticas curtoplacistas. Como exemplo o voceiro popular falaba das peonalizacións “a veciñanza ten a sensación de que a alcaldesa e Arroxo teñen cada un, por separado, a súa folla de excel onde van anotando os metros que peonalizan para competir por quen fai máis. Ningún de vostedes pensa nun proxecto global; están facendo intervencións ao tum tum, sen conexión
- Temos unha alcaldesa socialista conformista que non pelexa por Lugo nin ten peso político algún. O popular poñía o foco no peche do vicerrectorado da Praza de Pío XII “Lara Méndez é cómplice desta decisión por inacción”.
- Carballo contrapuxo a confrontación permanente da alcaldesa coa Xunta fronte a falta de firmeza diante de Sánchez en alusión á súa tibieza á hora de reivindicar mellores infraestructuras para Lugo. Tamén aproveitou para recriminou que o goberno local non avanzase nada ese ano para ofrecer ao Ministerio terreos para construir no entorno do barrio da Residencia a nova Comisaría da Policía Nacional.
AS MALAS DECISIÓNS DE PSOE-BNG CÚSTANNOS CARTOS E DISGUSTOS
- Ramón Carballo dixo que os lucenses están frustrados e enoxados polo despilfarro Fondos Europeos: “dende o carril bici, cun trazado inapropiado que a alcaldesa non se atreveu nin a inaugurar, pasando polo edificio Impulso Verde, as hortas VIP de Duquesa de Lugo ou as Caldas do Miño nas que prometeu, este ano, tomar as uvas.
- “Este é o goberno dos derroches; cuns orzamentos que están pensados no autobombo sen ter enconta as prioridades dos lucenses engadindo que a política fiscal que non beneficia ás familias e ten un claro afán recadatorio”.
- En Lugo se segue desincentivando e complicando a vida a emprendedores e veciños que queren montar un negocio ou facer unha vivenda. Seguimos cun colapso na concesión de licenzas e sen atención presencial no servizo de arquitectura.
- Carballo lamentou “o fiasco nas liñas de axuda para impulsar empresas Lugo transforma que só serviu para pagar favores a coñecidos co carné do PSOE; a incapacidade de PSOE-BNG de axilizar os trámites para renovar contratos que teñen caducados como por exemplo o do ciclo da auga; o abuso de pagos con reparos de legalidade, unha práctica habitual cando debería ser algo excepcional (Neste 2022 pagaron con este fórmula máis de 14M€) ou o uso descontrolado de contratos menores (no primeiro trimestre do anos deron a dedo a empresas afíns máis de 3,5M€, é dicir unha media de 20.000 € diarios).
CONFRONTACIÓN PERMANENTE
- O popular criticou a estratexia de confrontación permanente coa Xunta para eludir as súas responsabilidades. Ramón Carballo pediu explicacións “polo retraso en ofrecer parcelas á Xunta para avanzar no novo Centro de Saúde do Sagrado Corazón; e recriminou a colección de excusas para abrir o novo Auditorio de Magoi, unha dotación que tampouco conseguiron poñer en marcha este ano.
- A actitude de vitimismo e de faltar á verdade é unha constante citando un dos últimos exemplos en relación ao problema dos gorrillas que hai no entorno do Hula. Recordou como Lara Méndez pediulle á Xunta que lles retirase a RISGA cando esta axuda, é perfectamente coñecedora, se concede co informe favorable dos Servizos Sociais do Concello.
- Carballo tamén dixo resultaba chamativo que, agora que o goberno da Xunta se amosa aberto a colaborar a facer museo do romanización “sempre e cando o concello consolide o plan previsto e consiga o financiamento necesario” como a alcaldesa perdeu unha liña de axuda de 6M€ xa ninguén fala deste asunto.
LUGO MERECE UN CAMBIO
- Os populares tamén puxeron o punto de mira na falta de aseo urbano que sufriu no último ano a cidade, con reclamacións diarias pola falta de limpeza; e polo estado lamentable dos colectores de lixo.
- A falta de aparcamento, os cambios de tráfico, xunto coa remodelación do transporte, empeoraron a mobilidade en Lugo perxudicando ao pequeno comercio e cambiando ás dinámicas de vida en moitos barrios.
- A seguridade é outra asignatura pendente. Ramón Carballo explicou que, por falta de planificación, ata o ano 2025 non se poderán sacar novas prazas de policías “tendo en conta as xubilacións que se van producir para 2025 Lugo terá 96 policías, cando como mínimo deberíamos contar con 180 axentes”.
- Carballo acusou a PSOE e BNG de minimizar o problema da okupación “chamáronnos alarmistas cando pedimos solucións e negáronse a crear unha oficina municipal de asesoramenteo aos afectados”. O voceiro dos populares non pasou por alto o desinterese, durante 11 anos, para tramitar o ARI da Milagrosa para arranxar edificios e espacios públicos. O pasotismo de socialistas e nacionalistas contribuiu á degradación do barrio, vostedes miraban para outro lado e só se acordan agora porque hai eleccións.
- No ámbito do benestar os populares consideran indignante que o concello de Lugo sega sen adherirse ao protocolo contra o maltrato do VioGén. Tamén ven inadmisible que haxa lucenses que en lista de espera para recibir a prestación do SAF. Lamentan a falta de axilidade para resolver os problemas de climatización da gardería Gregorio Sanz ou que non fixeran as beirrúas prometidas para gañar en seguridade vial na contorna do Colexio das Gándaras.
- Para os populares “os maiores tamén son vítimas das súas políticas curtoplacistas, das programacións deficitarias”. Non quixeron pór en marcha un censo que consideramos prioritario de maiores de Lugo que viven sós co obxecto de evitar riscos domésticos, de saúde ou de situacións de desproteción. Tampouco nada se fixo para impulsar o voluntariado para o acompañamento de persoas que viven soas ou maiores
- O concello de Lugo segue sendo unha administración caótica onde facer un trámite convértese nunha odisea. Desapareceu o 010; segue habendo problemas coa tarxeta cidadá e a maioría dos trámites non se poden facer on line. Estamos peor ca nunca e empeorou a relación co cidadán que ven ao concello cun problema e sae con dous.
- Seguimos outro ano máis con proxectos que se eternizan: a creación da praia fluvial ou o remate do cinturón verde, que arestora anuncian como un gran logro, cando levan case 25 anos para unir os dous Paseos do Miño e o Rato que herdaron do Partido Popular. Tamén seguimos á espera de que derruben o icono do urbanismo á carta cociñado polo seu padriño político o señor Besteiro.
- Non hai avances para actualizar o PEPRI e o PEPRIM. E o que xa é de nota é o novo bloqueo do PXOM, xa teñen o informe favorable: por qué non fan o último trámite xa? A que están agardando?
- Tampouco vallaron, tal e como lles pedimos, os edificios con deficiencias na tinería e que supoñen un perigo para a veciñanza. “É a súa responsabilidade que a 3 metros da muralla haxa edificacións deshabitadas, é a súa responsabilidade obrigar aos propietarios a cumprir as ordenes de execución e senon facer subisidiariamente as obras e pasar os gastos aos propietarios”.
- No eido cultural ademáis do bloqueo da apertura do novo Auditorio hai outras cuestións que consideramos graves como a puntilla á Banda Municipal; a decadencia das Festas do San Froilán onde se teledirixen os contratos a afíns do BNG; ou o desplome de público na Mostra de Teatro Clásico;
- O dos Museos tamén é preocupante. Temos un centro de interpretación con todas as pantallas fóra de servizo e un Museo Interactivo que se utiliza para un sinfín de actos pero que non ten definido o seu contido 10 anos despois da súa inauguración,; o fiasco do modelo das ventás arqueolóxicas, co peche da que hai na rúa Nova e coa imaxe terceiro mundista da que hai en Doutor Castro, cun cubo para recoller a auga os días que chove.
- En deportes tamén fan gala da súa forma improvisada de gobernar. Anuncian, a bombo e platillo, que farán un pabellón en Lugo e logo tardan tanto dende que venden a obra ata que poñen en marcha a contratación que se incrementa nun 40% o orzamento. Ese é o seu modelo de xestión e eficacia arruinando aos lucenses.
- Para os populares o rural de Lugo é o gran olvidado, só planean destinar ás 54 parroquias 268.000€ de investimentos (o 1,8% do total do orzamento). A proba desta discrimnación témola co feito de que a veciñanza das 54 parroquias de Lugo seguen padecendo os mesmos problemas que hai dúas décadas: carecen de saneamento e abastecemento; problemas de mobilidade; pistas en estado calamitoso; deficiente cobertura telefónica …