Urbanismo

Carballo pide completar el Paseo Interior de la Muralla tras 20 años perdidos

By 16 enero, 2020enero 17th, 2020No Comments

El portavoz del Grupo Popular asegura que la declaración del casco histórico como Patrimonio de la Humanidad debe ir de la mano de una apuesta #decido por potenciar el Paseo Interior de la Muralla que “tal y como se puede comprobar, en un recorrido por el adarve de la Muralla, está a medio hacer y presenta una imagen desastrosa”

O Partido Popular propón ao bigoberno un compromiso para completar o Paseo Interior da Muralla e consolidar o casco histórico coa idea de impulsar que o recinto amurallado de Lugo sexa declarado Patrimonio da Humanidade.

Carballo lamentou que “a pesar de ter fondos europeos os socialistas non priorizaron avanzar na execución desta ronda” que os lucenses levan agardando 20 anos” e tamén temen “que socialistas e nacionalistas renuncien a este proxecto xa que non hai partidas nos orzamentos municipais para 2020 para executalo con fondos propios”.

Os populares recriminaron “as mentiras dos gobernos socialistas que anunciaron abrir novos tramos para completar este Paseo Interior cando a realidade é que levan 20 anos perdidos no que respecta a este proxecto vital para consolidar o casco histórico de Lugo”.

Os populares pedirán no pleno que socialistas e nacionalistas traballen sobre “un proxecto unificado que poña en valor a Ronda Interior para mudar a imaxe actual”. Carballo matizou como “neste momento, tal e como se pode comprobar, nun percorrido polo adarve da Muralla, observamos que este Paseo Interior está a medio facer e presenta unha imaxe desastrosa. Atopamos cinco tramos de paseo que se pensaron de forma illada xa que, nin tan sequera houbo unanimidade para escoller o tipo de pavimento que nun tramo é dun tipo e vinte metros adiante é doutro”.

Para os populares “o Paseo Interior da Muralla é unha prioridade e debe ir ligado a buscar a mellora da imaxe das traseiras dos edificios do interior da Muralla, colaborando e axudando na súa rehabilitación para que lozan como fachadas principais”.

En resumo, a filosofía desta iniciativa é “ofrecer unha visión global, coherente e harmónica no noso casco histórico para evitar que o político de turno elixa os deseños dos espazos públicos e, deste xeito conseguir unha imaxe de continuidade evitando os parches socialistas”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies