Lugo en marcha

Carballo presenta las 271 medidas de su modelo de ciudad para poner a #Lugo en Marcha

By 30 abril, 2019No Comments

Ramón Carballo destacó que “tiene muy claro el proyecto de ciudad que quiere desarrollar el  Partido Popular” enumerando algunas de las 271 medidas que engloban los nueve ejes de su modelo para poner a Lugo en Marcha. La eficiencia, la ilusión y el futuro son los tres conceptos sobre los que giran los ejes del modelo de ciudad de Ramón Carballo.

Na estratexia do alcaldable popular gaña protagonismo: a xestión eficaz e transparente que pasa por unha reorganización profunda do Concello; tamén insistiu na necesidade de poñer no mapa a Lugo como destino turístico; a mellora de espacios públicos para que Lugo sexa unha cidade para vivir; a reestructuración integral do transporte urbano; a posta en práctica dunha política que propicie unha igualdade de oportunidades e o apoio a aquelas familias que o están pasando mal así como equiparar os servizos dos veciños do rural aos que residen no casco urbano ”.

Durante a súa intervención o alcaldable fixo especial fincapé na necesidade de mellorar a limpeza da cidade lembrando que é Lugo é o municipio máis sucio de Galicia no último ranking da OCU o que avala a percepción da cidadanía. Outro dos asuntos que preocupa ao alcaldable do PP é o relativo á seguridade cidadá afirmando que póra a policía local a patrullar pola rúa “cunha presenza policial acabariamos cos pequenos roubos e problemas de convivencia que hai en determinadas zonas da cidade”.

O candidato do Partido Popular por Lugo, Ramón Carballo, animou aos lucenses a seguir participando na elaboración do programa electoral “temos que abrir unha nova páxina onde os protagonistas principais, os veciños de Lugo, deben ter un espazo preferente”. “Este proceso ten un obxectivo moi simple: contar coa opinión de todos para enriquecer un programa que, entendo, debe ser a ferramenta de traballo clave para o futuro goberno por iso  invito a que todos fagan as súas aportacións” puntualizou o alcaldable popular.

O candidato á alcaldía explicou que dentro do programa de actividades da precampaña seguirán tendo protagonismo as reunións con veciños en distintos barrios da cidade.

Outra vía para facer as achegas para incorporar ao programa electoral do PP é da páxina web www.ppdelugo.com enviando directamente ao candidato as propostas. Este portal ademais de informar das grandes liñas mestras dos nove eixos do programa ofrece a posibilidade de dirixirse ao candidato a través dun formulario on line.

Por último, Ramón Carballo explicou que, de xeito complementario a todo o anterior, se difundiran unha serie de vídeos en redes sociais con propostas en positivo sobre os nove eixos do seu modelo de cidade. “Trátase de que todos os lucenses poidan contactar con nós e facernos chegar as súas propostas tanto de xeito físico e presencial como a través de Internet”, concluíu.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies