El portavoz del Grupo Popular junto con su equipo de concejales anunció que intensificará las reuniones con vecinos, entidades sociales y empresariales… con el objeto de trasladar sus aportaciones, quejas o sugerencias de forma directa a las comisiones, plenos y reuniones de ámbito municipal dando voz a los vecinos”
O voceiro do Grupo Popular presentou unha nova fase da campaña #Facendocidade que levarán a cabo este semestre “queremos intensificar as visitas a barrios e parroquias así como as reunións con entidades do eido social e económico do municipio”.
“Percorreremos as máis de 650 rúas da cidade e as 54 parroquias do municipio e organizaremos encontros abertos á cidadanía en todos os distritos para dar voz aos veciños e escoitar as súas necesidades e problemas”. “O que queren os veciños é que os políticos non sexamos o problema senón a solución por iso dende o Grupo Popular reforzaremos a nosa presenza na rúa. Queremos que as comisións, plenos e xuntanzas de ámbito municipal sexan foro de debate das necesidades dos lucenses” reflexionou Carballo.
O voceiro popular “lembrou como estamos ante o goberno máis caro da historia, con 26 políticos e asesores a soldo dos lucenses” engadindo que “agora que hai orzamentos non teñen excusas para demorar desperfectos do día a día, ou mellorar as prestacións municipais”.
No PP cumprimos a folla de ruta que marcamos dende un principio. Ademáis de fiscalizar o traballo que leva a cabo o bipartito tamén somos un partido construtivo como así se demostra: presentamos casi unha iniciativa diaria. O vocerio do PP matizaba que dos 12 rogos e das 105 preguntas había cuestións que nos trasladaron directamente os afectados. Ademais destas 127 iniciativas o PP trasladou 18 proposicións ao pleno no que levamos de mandato.
Entre as propostas que fixemos contaron co visto bo do PSOE e BNG estamos a falar de asuntos como a construción dun novo centro de saúde e dun novo pabillón polideportivo, dun sistema de rotación de vehículos ou o acondicionamento aparcamentos disuasorios así como a adhesión a Viogén. “Esperamos agora que non quede en papel mollado e que polo ben dos lucenses cumpran con estes acordos do pleno” concluía o popular.