Lugo en marcha

Carballo promoverá desde la alcaldía un plan específico de seguridad viaria para motos

By 8 mayo, 2019No Comments

Ramón Carballo mantuvo una reunión con representantes de diferentes asociaciones de motoristas para presentarles sus propuestas en materia de seguridad viaria para este colectivo, además de escuchar las propuestas y aportaciones realizadas por los motoristas “ya que son los que mejor conocen las necesidades de este sector”

O candidato á alcaldía de Lugo Ramón Carballo mantivo unha xuntanza con representantes de colectivos de motoristas aos que lles transmitiu as súas propostas en materia de seguridade viaria, especialmente as destinadas á protección deste colectivo.

O alcaldable popular quere implantar un plan de seguridade viaria específico para motos, unha demanda dos usuarios deste tipo de vehículos, xa que en moitas ocasións “están desprotexidos” á hora de circular pola cidade.

Ramón Carballo sinalou que este plan tería que estruturarse en torno a varios eixes, que resumen a problemática deste medio de transporte:

– educación viaria responsable
– favorecer a relación co cidadán
– vixilancia e autoridade
– xestión da mobilidade
– deseño das infraestruturas
– detección dos puntos de risco
– actuación no caso de accidentes

Para o alcaldable popular é fundamental adoptar medidas, sobre todo en materia de mobilidade, algo para o que propón medidas como a segregación do tráfico, a creación das coñecidas como liñas de ‘avanza moto’, que permiten a estes vehículos posicionarse nun punto de partida na regulación semafórica o que lles garante o inicio da marcha sen interferir co resto de automóbiles. Esta medida está especialmente pensada para aquelas zonas con maior densidade de tráfico, como poden ser a Avenida da Coruña, a rúa Vilalba ou Miguel de Cervantes, entre outras.

Ademais, tamén é preciso habilitar zonas de estacionamento para motos xa que o número de prazas que actualmente hai reservadas na cidade para estes vehículos son insuficientes.

Ramón Carballo explicou que estas medidas terían que complementarse co noutras relacionadas co deseño e as infraestruturas, xa que sería preciso tomar en consideración aspectos como la adherencia para reducir os accidentes e a súa gravidade, para o que se empregarían pinturas antiescorregadizas para as marcas viarias horizontais, a redución do tamaño e uso das marcas viarias horizontais (como por exemplo sinalar cun punteado os pasos de peóns regulados por semáforo), a revisión mantemento dos sistemas de rega dos xardíns de parques públicos y rotondas (para evitar que a calzada estea escorregadiza) así como coidar a vexetación de beirarrúas e cunetas (para mellorar a visibilidade e a adherencia na calzada).

Nos puntos de risco, é imprescindible a identificación e análise da sinistralidade, un mantemento e limpeza periódicos da calzada (para evitar residuos, gravas, aceites… que provocan accidentes), un plan de reparación de fochancas, unha análise do estado do mobiliario urbano ou

inspecciones periódicas da seguridade viaria.

Por último, no caso de accidentes, o alcaldable popular suxire unha formación adecuada para actuar no caso de que se produzan, así como unha análise das causas máis frecuentes que os provocan.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies