Economía

Castiñeira destaca la inversión de la Xunta de más de diez millones de euros en tres centros educativos

By 20 octubre, 2015enero 29th, 2016No Comments

El portavoz popular, Jaime Castiñeira, afirma que el Ayuntamiento de Lugo “se beneficia” de unos 30 millones de euros en el proyecto de presupuestos de 2016 de la Xunta, que “combinan el rigor de la gestión de Feijoo con la respuesta a la nueva etapa económica del país”

O voceiro popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira, destaca que os orzamentos da Xunta de 2016 cumpren cos compromisos e atenden as necesidades educativas de Lugo e dos lugueses. Nesa liña, indica que os gobernos de Feijoo destinarán 10 millóns de euros para tres centros do municipio (novo colexio do Sagrado Corazón, ampliación do colexio das Mercedes e impulso ao Centro de Formación Profesional).

Deste xeito, nos orzamentos do 2016 apréciase “o esforzo” pola mellora do CIFP As Mercedes, para a que se prevén o ano que vén 1,7 millóns de euros ata completar un investimento total de 6 millóns de euros; a construción dun novo centro educativo no Sagrado Corazón, cunha previsión de 524.000 euros; e a ampliación do CEIP As Mercedes, para a que se destinan 463.000 euros. “Estamos a falar de que a Xunta de Galicia atende as reivindicacións en materia educativa dos lucenses, e agora só falta que o Concello de Lugo cumpra a súa parte para que poidan iniciarse os traballos de construción no Sagrado Corazón, que acumulan tanta demora por culpa do goberno socialista”, asevera, ao tempo que indica que “este esforzo terá continuídade no ano 2017, para cando a Xunta prevé completar con 2,46 millóns ata destinar un total de 3 millóns de euros”.

Jaime Castiñeira salienta, así mesmo, o investimento previsto de 3,2 millóns de euros para o impulso ao Campus de Lugo e para a Formación Profesional, con “partidas específicas que deixan ben ás claras o compromiso da Xunta de Galicia con estas cuestións”. No ámbito da cultura, o popular destaca o investimento previsto para o mantemento da muralla (320.000 euros).

Ademais, os orzamentos autonómicos contemplan partidas millonarias para o ámbito da Sanidade, tanto para a modernización e o impulso ás Tecnoloxías de Información e Comunicación como do Laboratorio de Saúde Pública, entre outras actuacións.

Pola súa banda, Castiñeira tamén subliña o compromiso da Xunta de Galicia para “continuar co impulso a dotacións como o novo auditorio, no que se prevén 5,9 millóns de euros para 2016, co Plan Paradai, para o que se destinan 450.000 euros, ou as actuacións de rehabilitación e mellora das condicións de habitabilidade e eficiencia enerxética, para a que se orzamentan máis de 600.000 euros. “A todo isto hai que engadir o proxecto do CIAR en Rozas para o que se prevén un investimento global de distintas administracións de 45 millóns de euros e que xa empeza a ter reflexo na obra”, asegura.

Ante esta situación, o popular afirma que “a valoración non pode ser máis que positiva, porque estamos diante duns orzamentos autonómicos feitos con criterio, axustados ás necesidades e aos proxectos máis importantes para os lucenses e que, ademais, son responsables e sensibles ao novo momento que vive Galicia”. 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies