Tras la reunión mantenida esta mañana por los portavoces de los grupos políticos del Partido Popular, Lugonovo, Bloque Nacionalista Galego, Ciudadanos y Alternativa Cidadá de Esquerdas, en relación a la implantación de un nuevo modelo para la zona ORA, manifestamos que
- Chegamos a un acordo unánime para un cambio do modelo da actual ORA por outro que sexa gratuíto, rotatorio e de xestión municipal.
- Esta modificación ten que ser encaixada co Plan Mobilidade e co transporte urbano, coa finalidade de que este novo sistema de estacionamento funcione de xeito disuasorio e, ao mesmo tempo, permita ir dando pasos cara a un novo modelo de cidade.
- Estes grupos políticos temos chegado a un acordo para iniciar o proceso para a presentación dunha iniciativa conxunta ao vindeiro pleno municipal, que é o órgano competente para aprobar estas modificacións.
- Censuramos as formas do goberno local por non ter dado participación á oposición no proceso de renovación da ORA e por permitir só coñecemento a través dos medios de comunicación das modificacións que pretende incorporar, o que demostra a falta de sensibilidade democrática do goberno. Así mesmo, instamos aos socialistas a facilitar aos outros cinco grupos políticos o borrador da ordenanza da ORA, tal e como indicou reiteradamente o goberno municipal.