Sin categoría

El Grupo Popular pide al Concello de Lugo diligencia en la gestión para garantizar los fondos comprometidos

By 22 agosto, 2024No Comments

Aportacións da Xunta.

  • Ante as declaración da responsable da Casa da Muller, a edil popular, Aurora Goás, demanda rigurosidade nos datos. Ángeles Novo falsea os datos xa que o Concello de Lugo recibiu da Xunta de Galicia en 2024 case 100.000€ para os gastos de persoal da Casa da Muller e para gastos correntes en vivendas tuteladas.

 

Mellora vivendas de acollida.

  • A Xunta de Galicia ofertou ao Concello de Lugo 500.000€ dos fondos MRR, Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, pero o goberno local unicamente solicita 365.000€. Chama a atención que se queixen de falla de fondos cando non son quen de aproveitar aqueles que teñen á súa disposición.
  • Os importes solicitados polo Concello de Lugo destinaranse a melloras nas vivendas de acollida. A licitación foi publicada o día 16 de agosto cun prazo de execución de 60 días o que indica que o goberno municipal non foi especialmente dilixente na tramitación do convenio.

 

 

Casa da muller

  • A día de hoxe a Casa de Muller ten unha carencia importante de persoal xa que non ten psicólogo dende hai dous anos e o asesor xurídico está próximo á xubilación.
  • Faise preciso cubrir os postos de traballo á maior brevidade así como establecer as medidas oportunas para que a cobertura dos postos de traballo se faga coa maior brevidade.

 

VIOGÉN.

  • Lugo é a única gran cidade de Galicia que non está adherida ao VIOGÉN.
  • PP leva dende o 2019 reclamando a necesidade de sumarse a este sistema policial centralizado no Ministerio de Interior, destinado ao seguimento e protección das mulleres vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos e fillas. Durante estes anos o goberno local anunciou os trámites para a súa adhesión por diferentes vías (prensa, redes…) pero en pleno e comisión solo expoñen escusas

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies