El portavoz del Grupo Popular Ramón Carballo interpreta las declaraciones de ayer de la alcaldesa como un “gesto de complicidad con el gobierno de Sánchez que aún no definió la financiación a lo que se compromete con esta infraestructura de Lugo”
O voceiro do Grupo Popular e deputado no Parlamento de Galicia Ramón Carballo pide á alcaldesa de Lugo “altura de miras” e, nese senso, solicítalle que “se deixe de escusar ao goberno central logo de que abandonase o proxecto da intermodal do que nada sabemos dende que hai ano e medio, en plena campaña electoral, facían a súa presentación”.
Carballo cre que Méndez intenta desculpar a falta de implicación de Adif con esta infraestructura que segue en punto morto xa que “nin hai proposta de financiamento, nin prazos realistas”.
O popular reflexionaba “que podemos esperar dunha alcaldesa que non é capaz de reclamar para o seu municipio a Alta Velocidade, ou dunha alcaldesa que cede os cartos dos lucenses ao goberno central” lembrando como votaron en contra, en pleno, da intención do Goberno central de incautar os remanentes e o superávit do Concello. a{�5�