El concejal popular Manuel López explica que se priva la cuatro vecinos de Piugos del asfaltado en caliente de un tramo de 150 metros que “inexplicablemente” no se planificó en ninguno de los dos proyectos que hay de los accesos a Pena de Mula
O Grupo Popular denuncia unha nova cacicada do goberno de Méndez no rural. Desta volta afecta a varios veciños de Piúgos que “ven como uns 150 metros de pista quedan fóra do proxecto de asfaltado en quente que está a realizar o concello de Lugo nesta parroquia”.
Manuel López explica que “inexplicablemente” o PSOE e o BNG de Lugo asfaltan en quente dous viais de acceso ao núcleo de Pena da Mula excluíndo un treito de pista onde hai catro vivendas.
O concelleiro popular aclaraba que “os veciños están indignados por esta discriminación” xa que “se acaba asfaltar en aglomerado en quente a pista que une a rotonda da Ponte Blanca da estrada de Portomarín ata o núcleo de Pena da Mula e, está a piques de facer agora o arranxo da vía que une a Rúa Santiago ata Pedra da Mula concluíndo a obra na rúa do Abeto deixando 150 metros sen tocar”.
López pregúntase “quen planifica as obras do Concello e cal é o criterio que seguen para excluír de forma arbitraria a un grupo de veciños”. O edil popular vai máis aló ao denunciar que “detrás desta política de cercanías podería estar a man dos pedáneos que, co apoio dos concelleiros, son os que deciden a quen castigan na parroquia”.
Os populares están preocupados porque durante este verán “non houbo semana sen que denunciemos unha cacicada, non son actuacións esporádicas se non que xa se están facendo preocupantemente habituais dentro da xestión co rural do bipartito”
Este non é o único caso de nepotismo do goberno local cos veciños do rural de Lugo. Manuel López lembrou como o concello tiña previsto desenvolver un proxecto para levar o abastecemento aos veciños do lugar de Cardoso, na parroquia de San Mamede dos Anxos, deixando fóra a unha das das seis vivendas deste núcleo.
O PP esixiu a a redacción dun novo proxecto para dotar de abastecemento á vivenda que os socialistas excluían de forma gratuíta deste servizo A outra denuncia deste verán foi a relativa aos cinco veciños do barrio de Paredes, en Bocamaos, que quedaron sen o servizo de auga corrente xa que as obras que o goberno local está a desenvolver nesta parroquia non contemplan levar o abastecemento as súas vivendas.