El concejal popular Manuel López explica que “todo apunta la que socialistas y nacionalistas se van a conformar con asfaltar la carretera que atraviesa el núcleo, y que coincide con el trazado del Camino Primitivo, en vez de impulsar una vía que rodee las viviendas y explotaciones #agrícola y ganaderas de este lugar”
O Grupo Popular sospeitan que socialistas e nacionalistas lucenses vaian a aparcar o proxecto de ensache e mellora da circunvalación de O Burgo. Manuel López explica que “todo apunta a que ambolosdous partidos vanse conformar con asfaltar a actual estrada que cruza o núcleo en vez de acometer un novo vial que bordee, pola zona norte, as vivendas e explotacións agrícolas e gandeiras do Burgo”.
Esta reflexión fíxoa o concelleiro popular logo de que a Deputación, na xunta de goberno celebrada a pasada semana, acordase executar o asfaltado do tramo que pasa polo núcleo e que coincide cun tramo do Camiño Primitivo salientando que “sendo esta unha actuación moi necesaria, non pode servir para esquivar o proxecto de circunvalación que o PP leva anos reclamando”.
“O que van facer agora é un parche xa que a vía que atravesa o Burgo é moi estreita e con recovecos polo que o seu asfaltado non soluciona o problema de seguridade que hai ao coincidir o trazado co Camiño Primitivo”. “Se queremos poñer en valor este patrimonio cultural, e dado que é unha vía con moito tránsito, deberían poñer o seu empeño en impular esta circunvalación” aseguraban os populares.
O edil do PP lembrou que socialistas e nacionalistas están incumprindo o acordo de pleno acadado “por unanimidade” hai catro anos a instancias dunha proposición do Partido Popular recriminando que “PSOE e BNG decidan rebaixar a categoría dos accesos nesta zona e non teñan en conta que mantendo a situación actual, sen o novo proxecto, obrigan aos numerosos peregrinos que pasan por este núcleo a sortear maquinaria agrícola e vehículos”.
López explica que a circunvalación que se preveía é fundamental para mellorar as comunicacións entre a zona urbana da cidade coas parroquias de O Burgo, Poutomillos , Prógalo, San Pedro de Mera e Bacurín. Estamos a falar dunha vía cunha alta densidade de tráfico xa que comunica Lugo con Friol por San Xoán do alto, ata Villamaior de Negral. A circunvalación contempla unha nova estrada de 2,1 quilómetros e cun orzamento ascendía a 510.364 euros. O tramo en cuestión está situado na estrada provincial CP2901 e o desvío faríase dende o Punto Kilométrico 3,3 ata o 5,4 e o proxecto quedou feito polo goberno do Partido Popular.